InicioOrientalRibadeoRibadeo mellora da contorna do Local Social de Noceda

Ribadeo mellora da contorna do Local Social de Noceda

O alcalde, Dani Vega, engadiu: “melloras no edificio e tamén no exterior con esa rampla de formigón ou ese aparcadoiro que está ao lado e tamén con propostas reais, que parten dos veciños e o Concello ten a obriga de actuar

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde, Dani Vega, explicou que “seguimos xestionando orzamento e mellorando todos os locais sociais. Neste caso actuamos no de Noceda mellorando toda a parcela exterior construíndo unha rampla de formigón para mellorar a accesibilidade e mellorando esa parcela, que está ao ladiño, para convertela nun espazo multifuncional, pode ser para facer actividades ou tamén para utilizala como aparcadoiro”.

Para o rexedor “esta mellora é importante, estamos dándolle un valor a todo o edificio e é conveniente seguir nesta inversión. Tamén temos que actuar no seu interior. É importante realizar certas melloras e seguir colaborando cos veciños neste caso con actividades. Hai poucos días xuntábanse para facer unha comida de irmandade e tamén queremos achegar actividade a Noceda”.

Vega engadiu: “melloras no edificio e tamén no exterior con esa rampla de formigón ou ese aparcadoiro que está ao lado e tamén con propostas reais, que parten dos veciños e o Concello ten a obriga de actuar. Entre todos seguimos mellorando tamén o rural e os locais que están en cada sitio”.

ÚLTIMAS

A Xunta autoriza a planta de residuos non perigosos de Ribadeo aínda que recoñece “aumento de pó e ruido”

A Xunta formulou o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación do centro...

A Mariña sentirá a potencia dos motores co seu VIII Rally que se celebrará esta fin de semana

Esta tarde presentouse en Viveiro a oitava edición do Rally da Mariña Lucense, que...

Fundación Expomar presenta o novo formato das súas xornadas técnicas

A Fundación Expomar, co cofinanciamento da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e...

O PP de Foz vota en contra da creación dun PAC en Foz: “o modelo actual funciona”

O Partido Popular de Foz no p en contra da proposta presentada pola esquerda...