InicioOccidentalViveiroPresentan a III Xuntanza de Vehículos Clásicos de Viveiro

Presentan a III Xuntanza de Vehículos Clásicos de Viveiro

A alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde, destacou “a relevancia desta xuntanza, que non só serve para reunir a afeccionados ao motor clásico, senón tamén para dinamizar a vida social, cultural e económica do noso concello”

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro presentou esta mañá a III Xuntanza de Vehículos Clásicos Viveiro, que terá lugar o próximo 13 de setembro no aparcamento dos Castelos, en Covas.

A cita reunirá coches, motos e outros vehículos clásicos e conta xa con arredor de 30 participantes inscritos. O programa da xornada inclúe a recepción e inscrición á ruta ás 10:00 horas, a saída dunha ruta turística con pinchos e sesión vermú arredor das 12:00 horas, música en Discobar Flora (Area) ás 20:00 horas e unha festa na Conservera (Celeiro) a partir das 22:30 horas co grupo Sa Salvaje.

As inscricións permanecerán abertas ata o 9 de setembro. O prezo é de 35 euros para adultos, 20 euros para participantes de entre 5 e 15 anos, e de balde para menores de 5 anos. A inscrición inclúe unha camiseta e outros agasallos.

A alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde, destacou “a relevancia desta xuntanza, que non só serve para reunir a afeccionados ao motor clásico, senón tamén para dinamizar a vida social, cultural e económica do noso concello”. Así mesmo, subliñou que “eventos como este contribúen a proxectar a imaxe de Viveiro como un destino atractivo e diverso”.

O Concello de Viveiro anima á veciñanza e visitantes a inscribirse e a gozar dunha xornada que combina motor, música e actividades de lecer.

ÚLTIMAS

Cervo celebra o Día Mundial do Medio Ambiente coa comunidade educativa

O Concello de Cervo conmemorou este venres o Día Mundial do Medio Ambiente cun...

Ton Blanco: “En Galicia non houbo guerra, houbo unha represión e unha depuración moi duras”

-Coñécese ou tense información sobre o perfil das persoas que foron fusiladas e que...

Continúan os labores de extinción nun edificio de Ribadeo

Os equipos de Emerxencias continúan traballando na extinción dun incendio declarado hai máis de...

Burela leva a Feira do Bonito a Festur 2026

O Concello de Burela participa un ano máis en Festur, a Feira de Festas de Interese Turístico que se celebra no recinto feiral de...