InicioCulturaManuel Arango: "O teatro é un grande dinamizador da vida local"

Manuel Arango: “O teatro é un grande dinamizador da vida local”

Manuel Arango é concelleiro de Cultura no Concello de Lourenzá e unha das persoas implicadas no VII certame de teatro afeccionado “ Concello de Lourenzá “ 2025. Este certame celebrarase os sábados e domingos de novembro. A gala de clausura será no mes de decembro.

Publicada o

- Advertisement -

-Cales son as novidades deste ano na Mostra de Teatro Afeccionado de Lourenzá?

A mostra deste ano contará cunha pantalla led para o fondo do escenario e que servirá como plataforma para crear decorados virtuais.

-Contábase que en Lourenzá houbera unha tradición moi ampla de grupos de teatro afeccionado, cousa que se perdeu co tempo. Estase recuperando esta cuestión grazas a esta mostra?

Por desgraza non, aínda máis, o grupo que había en Lourenzá disolveuse xa no primeiro ano en que se organizou o certame. Realmente supuxo unha perda porque estamos falando dun grupo de teatro moi bo. Desde o Concello apoiariamos calquera iniciativa teatral deste tipo.

-Como se vai desenvolver este certame e cantos grupos participan?

Existe a posibilidade de que se incorpore un grupo de máis, é dicir, de sete pasar a oito sempre e cando o xurado vexa que se trata dunha obra con certa calidade. Isto faise cun visionado dunha gravación da obra que envía a compañía. Tamén valoramos que as obras sexan en galego en calquera das súas variedades dialectais.

-Que reaccións ten recollido entre o público asistente a este certame?

Podo dicir que moitas compañías quedan sorprendidas polo número de persoas asistentes ás funcións. A pesar de sermos un concello pequeno é habitual contarmos con 100 persoas en cada representación cando o habitual é que vaian 20 ou 30 persoas ademais que o Salón de Actos é un lugar amplo para o público e o escenario. Ademais, que vén xente doutros lugares de fóra.

-Cal é o orzamento que pode mover este certame?

Non é un orzamento moi grande, sacamos das entradas 4 euros por cada un. Para o premio principal son 750 euros. O máis caro pode ser a actuación que contratamos, pode ser música ou teatro. Este ano temos un grupo de Xixón un orzamento que vai dentro do Plan Provincial da Deputación de Lugo.

-Este certame de teatro recibiu o recoñecemento de persoas vinculadas á escena e doutros eventos iguais?

Aínda que temos grupos da zona, tamén veñen grupos de Ferrol, Santiago, Vigo ou Valdeorras. Considero que este festival ten un percorrido longo pois fomos pioneiros con este festival de teatro. Esta é a VII Edición, realmente sería a IX de non ser polos dous anos da pandemia, mais logo de comezar nós houbo máis festivais de teatro na comarca. Considero que viron o teatro como un elemento dinamizador. Debo dicir tamén que compañías chegadas doutros lugares din non ter oportunidades coma esta en cidades ou lugares máis grandes.

ÚLTIMAS

Alcoa destaca a seguridade da balsa de lodos vermellos tras presuntas fugas denunciadas por veciños

Un veciño da parroquia de Lago gravou a inicios desta semana unha presunta fuga...

Burela participará no II Encontro Internacional de Mulleres Electas en Cabo Verde

A alcaldesa de Burela e presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, acompañada pola concelleira de Economía, Patricia...

O grupo de gaitas Dambara de Burela estará no desfile de San Patricio en Madrid co apoio da Deputación

O grupo de gaitas da Asociación Cultural e Musical Dambara de Burela será o...