InicioSucesosAparecen carabelas portuguesas en varias praias da Mariña

Aparecen carabelas portuguesas en varias praias da Mariña

Polo momento, espérase que continúen chegando durante o resto do verán, xa que é unha situación que se está "normalizando" nas costas galegas na época estival.

Publicada o

- Advertisement -

A chegada de carabelas portuguesas, un ano máis, afectou a algunhas praias da Mariña, provocando que os areais de Foz izasen a bandeira vermella, que prohibe o baño.

Tal e como explicou o xefe do servizo de socorrismo do devandito municipio, Paco Duarte, “non é unha novidade”, xa que “todos os anos en agosto” experimentan a chegada desta especie mariña.

“Especialmente cando hai vento do nordeste chegan máis, porque ao moverse pola superficie da auga son desprazadas por el”, explicou. No entanto, “este mércores están a chegar de forma salteada, onte houbo máis” apuntou.

Así mesmo, notificáronse algunhas picaduras, todas elas de carácter leve.

Polo momento, espérase que continúen chegando durante o resto do verán, xa que é unha situación que se está “normalizando” nas costas galegas na época estival.

ÚLTIMAS

Evacuados doce viaxeiros do tren Ortigueira-Viveiro por un obstáculo na vía no Concello de Mañón

Unha docena de viaxeiros tiveron que ser evacuados este xoves á noite despois de...

Ribadeo acolle o 16 de outubro o primeiro encontro forestal do Noroeste

Ribadeo acollerá o 16 de outubro o I Encontro Forestal do Noroeste no que...

Burela pide cautela ante a vaga de roubos na comarca e concello e non dificultar o traballo dos axentes

A vaga de roubos notificada nos últimos días en diversos puntos da comarca da...

Reunión de confrarías do Cantábrico Noroeste en Foz

A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo organiza esta semana unha nova...