InicioOccidentalXoveCampamento de verán para mozos e mozas en Morás, Xove

Campamento de verán para mozos e mozas en Morás, Xove

Esta actividade está organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e a Oficina de Información Xuvenil.

Publicada o

- Advertisement -

Durante os días 4, 5 e 6 de agosto un grupo de 33 nenas e nenos, de idades comprendidas entre 9 e 16 anos, gozan duns días de campamento en Morás. Esta actividade está encadrada dentro de Xuventude no Programa de Verán do Concello de Xove.

Nestes tres días, dende a saída o luns ás 11:00 ata o regreso o mércores ás 20:00 horas, teñen un plan intenso e variado de actividades en contacto estreito coa natureza que comprende desde a montaxe e a desmontaxe do campamento, surf na praia de Esteiro, kaiaks, xogos acuáticos, festa da escuma, xincana e moitos xogos máis para o máximo goce da rapazada participante.

Esta actividade está organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e a Oficina de Información Xuvenil.

ÚLTIMAS

O presidente da República de Cabo Verde recibe á alcaldesa de Burela no pazo presidencial

O Presidente da República de Cabo Verde, José María Neves, vén de recibir á...

Héitor Picallo: “As Crónicas Compostelanas deron a imaxe negativa de dona Urraca que chegou até hoxe”

-A súa conferencia en Ribadeo vai tratar sobre a figura das raíñas galegas. Nesta...

Finalizan en Ribadeo as Xornadas Profesionais de Corresponsabilidade

Coa presentación este mediodía do Decálogo Local pola Corresponsablidade remataron en Ribadeo as Xornadas...

Nenos e nenas das Escolas Deportivas de Barreiros saíron ao campo acompañando a xogadores do CD Lugo

As nenas e nenos das Escolas Deportivas Municipais de Barreiros foron protagonistas este sábado...