InicioCentralBurelaCharlas de sensibilización en centros de Burela con Alimatou Niang

Charlas de sensibilización en centros de Burela con Alimatou Niang

A actividade, organizada pola Concellería de Inmigración e Cooperación, enmárcase dentro do programa municipal de atención á poboación inmigrante

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela continúa co programa de charlas de sensibilización e educación intercultural protagonizadas por Alimatou Niang Ep Sarr, veciña da vila e de orixe senegalesa. Despois da súa visita ao CEIP Os Castros e ao CEIP Vista Alegre a finais de abril, esta semana foi a quenda dos centros de secundaria: o IES Monte Castelo e o IES Perdouro.

A actividade, organizada pola Concellería de Inmigración e Cooperación, enmárcase dentro do programa municipal de atención á poboación inmigrante. Ao longo da sesión, Alimatou compartiu co alumnado a súa historia persoal, abordando temas como a adaptación a unha nova cultura, os retos da migración, e os valores da integración e do respecto mutuo.

No IES Monte Castelo, a charla estivo dirixida ao alumnado de 1º da ESO, mentres que no IES Perdouro participaron estudantes de ciclos formativos e do programa de diversificación curricular (ESO-PDC).


“Queremos seguir achegando ás aulas experiencias reais que axuden ao alumnado a comprender mellor a realidade da diversidade. A historia de vida de Alimatou é un exemplo claro de superación e integración que achega valores fundamentais ao contorno educativo”, explica Mario Pillado, tenente da alcaldesa.

Esta acción forma parte dunha actividade de mediación social e/ou intercultural, incluída no programa dirixido á inclusión social da poboación inmigrante. O programa está financiado pola Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia e cofinanciado pola Unión Europea a través do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.

ÚLTIMAS

Denuncias de malas condicións nas instalacións contraincendios de Celeiro

  A xestión da campaña contra incendios forestais sitúase cada ano no centro do debate...

Peche de camas en Burela: críticas desde a CIG mentres a Xerencia sinala que terá aberto o 100% das camas

O Hospital Público da Mariña, situado en Burela, enfrontará o período estival coa polémica...

Falece unha peregrina alemá logo de caer por un desnivel en Mondoñedo

Unha peregrina alemá, que circulaba en bicicleta, faleceu este sábado tras caer por un...

Viveiro abre o prazo para solicitar autorizacións para as comidas da Feira Renacentista

O Concello de Viveiro abrirá 15 ao 28 de xuño o prazo para solicitar...