InicioCentralFozFoz acollerá un sparring day de kickboxing no Campo da Cabana

Foz acollerá un sparring day de kickboxing no Campo da Cabana

Publicada o

- Advertisement -

Foz acollerá un Sparring Day de Kickboxing, que se celebrará no Campo da Cabana o día 17 de maio, sábado, en xornada de mañá. Está organizado polo club Foz Contact Ari coa colaboración do Concello focego.

Este evento foi presentado polo alcalde de Foz, Fran Cajoto; o concelleiro de Deportes, Ángel Fernández; e a presidenta do club Foz Contact Ari, Vanesa Ares.

O edil delegado de Deportes anima a “achegarse polo Campo da Cabana para desfrutar dunha xornada de sparring, xa que será un espectáculo por celebrarse ó aire libre e nunha fermosa contorna. Dende o Concello de Foz queremos agradecer a Vanesa Ares a súa implicación por dar a coñecer este deporte, que está tendo boa acollida”.

ÚLTIMAS

Os retos da pesca analizados en Burela nas XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar

O XXVII Encontro Empresarial e as XXXIII Xornadas Técnicas de Expomar celébranse este mércores...

Trabada busca financiamento para reparar a zona dos vestiarios do pavillón afectada polo incendio

O Concello de Trabada continúa traballando na recuperación da zona dos vestiarios do pavillón...

Alarma en Foz por unha liorta con armas brancas

A localidade de Foz viviu momentos de gran tensión a media tarde deste martes,...

Alcoa: reunión de seguimento do acordo de viabilidade para este venres na Coruña

A Secretaría de Estado de Industria convocou unha reunión de seguimento do acordo de...