InicioOrientalRibadeoDuplican os días para renovar o DNI en Ribadeo

Duplican os días para renovar o DNI en Ribadeo

Publicada o

- Advertisement -

Duplícanse os días para a renovación do DNI en Ribadeo. Agora será dúas veces ao mes. A oficina móbil estará situada a carón da sala de exposicións do Parque de San Francisco (antiga oficina de turismo).

A concelleira de Promoción Económica, Marta Saiz, subliñou que “temos novidades importantes para proceder á renovación do DNI e do pasaporte en Ribadeo. Duplícanse os días nos que funcionarios da Policía Nacional se trasladarán á nosa vila para realizar estes trámites. Virán dous días ao mes en lugar de un. Haberá que solicitar cita previa, como ven sendo habitual, pero as persoas que acudan a renovar o seu DNI xa marcharán co novo documento o mesmo día para a súa casa, así non terán que volver buscalo”.

A edil ribadense engadiu: “e outra novidade máis é que a oficina móbil vai estar situada a carón da sala de exposicións do Parque de San Francisco (antiga oficina de turismo). Seguimos mellorando servizos en Ribadeo para as nosas veciñas e veciños”.

ÚLTIMAS

Arquivada a investigación sobre os vídeos de mulleres ouriñando na Maruxaina por falta de “indicios criminais”

O Tribunal de Instancia de Viveiro, praza nº1, acorda o sobresemento provisional da causa...

Dous feridos nun accidente entre dous vehículos en Foz

Dúas persoas resultaron feridas e unha delas tivo que ser excarcerada...

Licitada a rehabilitación de 6 vivendas para aluguer accesible en Ribadeo

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue,...