InicioOccidentalCervoSolicitan abrir unha rúa en Cervo ao deseñador Xosé Vizoso

Solicitan abrir unha rúa en Cervo ao deseñador Xosé Vizoso

"O seu labor é un orgullo para a comunidade galega e para o pobo de Cervo, e quere que a súa pegada quede tamén reflectida nas rúas da vila", din desde Fervenza

Publicada o

- Advertisement -

Asociación Cultural Recreativa Fervenza de Sargadelos, presidida por Xosé Fernández e co apoio do vicepresidente Ramiro Chaves, vén de solicitar oficialmente ao Concello de Cervo que se adique unha rúa a Xosé Vizoso, recoñecido artista e deseñador que tanto ten contribuído á cultura e identidade de Sargadelos e de toda Galicia.

Fervenza considera que a ampla traxectoria de Vizoso merece ser recoñecida de maneira pública e permanente. “O seu labor é un orgullo para a comunidade galega e para o pobo de Cervo, e quere que a súa pegada quede tamén reflectida nas rúas da vila”.

Con esta proposta búscase render unha homenaxe xusta e necesaria a quen fixo pola proxección cultural da vila.

IX FOLIADA DE CERVO

As asociacións Fol do Raxal e Fervenza de Sargadelos, xunto con Marmeladas A Morena prometen unha nova edición do evento repleta de música tradicional ao vivo, natureza, historia e artesanía. O evento, que se realizará o 3 de maio na Praza do Souto de Cervo, é unha celebración da cultura popular.

Así, cómpre destacar que o deseño do cartaz deste ano está adicado ás transmisoras da nosa tradición oral, a quen se lle adican as Letras Galegas este 2025, e é obra do artista Diego Cereijo. Este ano, como novidade, Guido Guía fará un paseo guiado pola contorna de Cervo con saída ás 11h desde a Praza do Souto. Poderase contemplar edificios como a Fábrica de Sargadelos ou o Conxunto histórico-artístico, así como desfrutar das paisaxes á volta do Río Xunco.

ÚLTIMAS

Merluza D& Burela, única frota de altura certificada “pescaenverde”

A frota de palangre demersal da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela...

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

A X Foliada Nordestía animará San Cibrao o 28 de marzo

San Cibrao acollerá o sábado 28 de marzo a X Foliada Nordestía, unha edición...

O BNG denuncia que A Mariña non conta con Grupo de Emerxencias Supramunicipais

O pasado 24 de febreiro, o pleno da Deputación Provincial aprobou por unanimidade e...