InicioMovementos SociaisO Foro Social da Mariña organiza a conferencia "A Represión Franquista contra...

O Foro Social da Mariña organiza a conferencia “A Represión Franquista contra as Mulleres”

Publicada o

- Advertisement -

O mércores, 12 de marzo ás 19:30 horas no Salón de actos da Escola Municipal de Música de Ribadeo, o Foro Social da Mariña organiza unha conferencia–coloquio titulada: “ A represión franquista contra as mulleres“ a cargo de Montse Fajardo Pérez, xornalista e escritora.

A conferencia abordará a represión vivida polas mulleres tras o golpe de Estado do 36 en Galiza, onde, é fundamental lembrar, non houbo “guerra” senón un brutal xenocidio sobre o bando perdedor. A diferenza do ocurrido noutras zonas do Estado, as vítimas no noso territorio non pereceron nun campo de batalla, senón que foron asasinadas e sobre elas botouse un manto de silencio que foi especialmente gravoso nas mulleres.

As mulleres non só se viron afectadas polos mesmos tipos de represión ca os homes – foron asaninadas, encarceradas, depuradas ou sufriron o exilio- senón que, ademais, o fascismo ideou para ellas castigos de índole especialmente machista como a rapa, a inxestión de aceite de ricino, a tatuaxe, ou a violación, co agravante de que nas mulleres castigouse o “pecado”, calquera actitude que se saíse do abafante corsé franquista, cinguido pola misóxina visión da igrexa. Nalgúns casos a presión foi tal que as levou a padecer doenzas mentais e mesmo a rematar ingresadas no manicomio galego de Conxo.

Na charla reflexionarese tamén sobre o feito de que, o franquismo non só supuxo un castifgo para mulleres concretas senón que tivo consecuencias para todas. Todas as mulleres foron vítimas, todas seguimos sendo vítimas dun momento histórico no que as liberdades que se empezaban a albiscar desapareceron baixo o abafante manto gris do fascismo, que relegou á muller ao papel de esposa e nai. O franquismo, a igrexa, a sección feminina buscaron implantar durante décadas unha moralidade sexista contra a que aínda teñen que loitar as xeracións actuais.

ÚLTIMAS

Héitor Picallo: “As Crónicas Compostelanas deron a imaxe negativa de dona Urraca que chegou até hoxe”

-A súa conferencia en Ribadeo vai tratar sobre a figura das raíñas galegas. Nesta...

Merluza D& Burela, única frota de altura certificada “pescaenverde”

A frota de palangre demersal da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela...

Trabada recibe o plano cos beneficiarios dos descontos da luz vinculados ao parque do Mondigo

O Concello de Trabada vén de recibir por parte de Recursos de Galicia e...

A X Foliada Nordestía animará San Cibrao o 28 de marzo

San Cibrao acollerá o sábado 28 de marzo a X Foliada Nordestía, unha edición...