InicioOccidentalXoveXove celebra o 8M cunha programación mensual para celebrar a data

Xove celebra o 8M cunha programación mensual para celebrar a data

Todas estas actividades serán de balde e terán lugar no salón de actos do Concello

Publicada o

- Advertisement -

En Xove, MARZO, é o mes da Muller”. Este é o lema que dende a Concellería de Servizos Sociais do Concello de Xove adotamos para poñer en valor á muller.

Neste 2025 quixemos facer un grande esforzo para chegar a toda a poboación feminina, dotando así este mes cunha amplia programación na que haberá, cada semana, varias actividades.

Comezaremos o sábado día 8, cunha andaina que comezará ás 17:00 hs, con saída desde o Centro Cívico do Concello. Posteriormente, ás 18:30 hs xuntarémonos para homenaxear á Asociación de Mulleres “Bolboretas”. Esta asociación foi creada no ano 1990 por un grupo de mulleres que xa detectaron a necesidade de xuntarse para fomentar a participación feminina na sociedade e así crear redes de apoio entre elas.

O venres 14, ás 19:00 hs teremos un faladoiro sobre a “Alimentación nas distintas etapas da Muller”, impartido pola nutricionista Saray Río, fundadora de Nutre tu plato (www.nutretuplato.es)

O xoves 20, ás 11:30 hs, haberá un contacontos teatralizado en igualdade para maiores de 3 anos.

O venres 21, ás 19:00 hs contaremos, con outro faladoiro a cargo de María González, matrona e fundadora do Centro M, no que abordará a temática “Coñece o teu ciclo menstrual” (www.centromburela.com)

O sábado 29, ás 11:00 hs, realizaremos unha sesión de Ioga para mulleres ao aire libre, impartido pola profesora Olalla Martínez.

E como remate, o luns 31, ás 11:00 hs, o alumnado do IES Illa de Sarón, representará unha obra de teatro na que se falará de experiencias de igualdade.

Todas estas actividades serán de balde e terán lugar no salón de actos do Concello.

Calquera persoa interesada en mais información, poderá dirixirse ao departamento municipal de Servizos Sociais.

ÚLTIMAS

Un ferido logo de envorcar un camión no Vicedo

O condutor dun camión resultou ferido este mércores no Vicedo (Lugo) tras saírse da...

Sanidade nega “graves deficiencias” en material nos centros de saúde da Mariña

A área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos saíu a desmentir...

O BNG de Foz alerta do atranco no desaugue na praia da Areoura

O BNG de Foz denuncia o mal estado da tubaxe que pasa por debaixo...

ACISA Ribadeo entrega os premios da campaña de San Valentín

ACISA Ribadeo sorteou e entregou este mércores os premios da campaña de San Valentín. Roberto...