InicioCentralBurelaA FCAM impartiu unha palestra sobre o futuro laboral na Mariña

A FCAM impartiu unha palestra sobre o futuro laboral na Mariña

Os conferenciantes subliñaron que A Mariña é unha comarca con moitas potencialidades, que os salarios e os traballos que aquí se poden atopar reúnen as mesmas condicións que os empregos aos que se pode acceder en grandes cidades

Publicada o

- Advertisement -

A Casa da Cultura de Burela acolleu o ciclo de charlas da FCAM sobre o futuro laboral na Mariña lucense. Están destinadas aos estudantes de FP aos que lles queren insistir en que “aquí hai futuro, que hai moita demanda de man de obra por parte das empresas, e que tamén nesta comarca é posible emprender”.

Preto de 100 alumnas e alumnos do IES Monte Castelo dos ciclos superiores de ensinanza e animación sociodeportiva e química e saúde ambiental e CAE (auxiliar de enfermería) e do IES Perdouro de CS mecatrónica industrial, CM mecanizado, CM peiteado e cosmética capilar, FPB servizos administrativos e FPB mecanizado asistiron esta mañá á charla, que se desenvolveu na Casa da Cultura. Na cita participaron Iván Marrube, CEO e Reyco; Roberto Díaz, un dos propietarios de Talleres Cardi; e Raquel Hermida, directora executiva da Axencia de Colocación de Academia A Mariña.

Os tres conferenciantes subliñaron que A Mariña é unha comarca con moitas potencialidades, que os salarios e os traballos que aquí se poden atopar reúnen as mesmas condicións que os empregos aos que se pode acceder en grandes cidades. E incidiron en que a calidade de vida da Mariña non é comparable a ningún outro lugar de España. Iván Marrube comentou que “a mente non ten cancelas” y que “máis vale acción que percepción”. E subliñou que tamén é posible emprender nas propias empresas”. Roberto Díaz aludiu “á obsesión por traballar e por aprender” así como á relación que se establece entre empresario e traballador: “é importante que todos aportemos, que haxa unha comunicación fluída, que sexamos coma unha familia”. E Raquel Hermida referiuse á importancia da orientación laboral e da formación para seguir medrando como profesionais e como persoas: “es necesario formarse para crecer como personas y como profesionales” e dixo que “A Mariña es foco de salud, bienestar y trabajo”.

A presidenta da FCAM agradeceu a posibilidade de falar ante o alumnados dos IES Perdouro e Monte Castelo sobre o futuro laboral na Mariña lucense: “grazas pola vosa asistencia e por permitirnos achegar este ciclo de charlas aquí. Grazas ao Concello de Burela por cedernos a Casa da Cultura, así como ao seu director pola acollida e a Beatriz Trigo, dinamizadora da relación con empresas na FP polo seu traballo, implicación e colaboración”.

As charlas de FCAM seguirán nos vindeiros meses pola Mariña luguesa achegando as experiencias de vida profesionais e persoais dos conferenciantes ao alumnado dos centros de ensino.

ÚLTIMAS

Alcoa poderá deixar de ser “empresa en crise” a final de ano

Alcoa manifestou que a finais deste ano, no último trimestre de 2025, "poderá deixar de...

ACISA e Concello de Ribadeo asinan un convenio de colaboración cunha axuda de 20.000 euros

Acisa e Concello de Ribadeo asinaron o convenio de colaboración anual que regula a...

V Edición do Enduro Monte Castelo en Burela

O Concello de Burela un ano máis a carreira Enduro Monte Castelo. A V...

Foz amplía o horario da Biblioteca Municipal ‘Salgado Toimil’

O Concello de Foz continúa mellorando os servizos culturais, neste caso da súa biblioteca...