InicioCentralBurelaBurela participa en Madrid en la Reunión da Rede Nacional de Turismo...

Burela participa en Madrid en la Reunión da Rede Nacional de Turismo Pesqueiro

Tamén se abordaron as posibles vías de colaboración institucional para garantir a continuidade da rede máis aló do seu período de execución

Publicada o

- Advertisement -

O concelleiro do Mar e Turismo de Burela, Ramiro Fernández Rey, e o xerente da Fundación Expomar, José Manuel González, xunto con outras entidades públicas e privadas, participaron nunha reunión na sede do Ministerio de Turismo en Madrid para analizar o estado actual do proxecto da Rede Nacional de Turismo Pesqueiro.

No encontro estiveron presentes representantes da Secretaría de Estado de Turismo e do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Durante a sesión, realizouse unha avaliación dos avances do proxecto, así como dos obxectivos pendentes ata a súa finalización en xuño de 2025. Tamén se abordaron as posibles vías de colaboración institucional para garantir a continuidade da rede máis aló do seu período de execución.

O concelleiro Ramiro Fernández Rey destacou a importancia desta reunión para analizar o progreso da iniciativa e recibir asesoramento técnico por parte dos ministerios implicados. “Foi unha reunión moi positiva, na que expuxemos as nosas inquedanzas e recibimos asesoramento do Ministerio. Quédanos traballo por diante ata xuño, cando remata o proxecto, pero seguimos avanzando”, sinalou

Ademais, o concelleiro subliñou a relevancia de Burela dentro desta rede nacional, facendo fincapé no potencial do seu porto e dos servizos relacionados co turismo mariñeiro e pesqueiro.

“O noso obxectivo é seguir poñendo en valor o noso porto e atraer cada vez a máis visitantes. Cremos firmemente no turismo pesqueiro como motor de desenvolvemento para Burela”, destacou

Outro dos puntos tratados foi a posta en marcha da páxina web da Rede Nacional de Turismo Pesqueiro, que xa está operativa e á que se están adherindo novas empresas e proxectos. A plataforma funcionará como un espazo de referencia para a promoción deste tipo de turismo en España.

“É unha ferramenta clave para dar visibilidade a este tipo de turismo en España e Burela ten que estar ben posicionada nela”, concluíu Fernández Rey.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...

Desconto do 80% na factura da luz para 500 familias que viven arredor do parque eólico de Mondigo

Unhas 500 familias nun radio de dous quilómetros ao redor do parque eólico de...