InicioCentralBurelaBurela recibirá case dous millóns de euros para o dique de abrigo...

Burela recibirá case dous millóns de euros para o dique de abrigo do porto

Publicada o

- Advertisement -

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, adxudicou por 1,8 millóns as obras de reforzo e adaptación ao cambio climático do dique de abrigo do Porto de Burela. Así o comunicou este mércores o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, nunha visita ao porto na que presentou os detalles da actuación que poderá comezar nas próximas semanas.

Durante a visita, o conselleiro destacou o esforzo investidor da Xunta para mellorar as condicións de traballo dos profesionais que operan nun porto con preto dun centenar de embarcacións censadas, que se sitúa entre os primeiros peiraos de titularidade autonómica en descarga de peixe fresco e cuxo valor de venda é o maior da comunidade.

Así mesmo, subliñou, redundará nunha mellora das condicións de operatividade para os barcos de mercadorías que cargan e descargan no porto burelense, fundamentalmente madeira.

As obras consisten no achegue de 160 bloques de formigón de 3 metros de lado e 56 toneladas de peso nas zonas nas que se produciron desprendementos ou o dique perdeu estrutura por acción do mar e as adversidades climatolóxicas. Os traballos terán un prazo de execución estimado de 22 meses, polo que se prevé que a actuación estea terminada a finais de 2026.

Durante a visita, o equipo técnico de Portos de Galicia explicou tamén que a metade dos bloques poderán ser colocados desde terra e para a outra metade será necesaria unha pontona que permita instalalos desde o mar. Para iso empregarase un guindastre de máis de 500 toneladas e unha pontona para mínimo 1.000 toneladas. A achega dos bloques está calculada de modo que afronte páselos de onda pese ao incremento esperable do nivel do mar debido ao cambio climático, no horizonte 2100.

ÚLTIMAS

Veciño de viveiro acepta un ano de cárcere por distribuír pornografía infantil

Un veciño de Viveiro aceptou un ano de cárcere por tenencia e distribución de...

Alcoa poderá deixar de ser “empresa en crise” a final de ano

Alcoa manifestou que a finais deste ano, no último trimestre de 2025, "poderá deixar de...

ACISA e Concello de Ribadeo asinan un convenio de colaboración cunha axuda de 20.000 euros

Acisa e Concello de Ribadeo asinaron o convenio de colaboración anual que regula a...

Trabada denuncia o abandono sanitario da Xunta e esixe medidas inmediatas

O Concello de Trabada denuncia a situación tan preocupante que está a sufrir...