InicioCentralBurelaOPP Burela presenta un documental sobre a forza da pesca en Burela

OPP Burela presenta un documental sobre a forza da pesca en Burela

Publicada o

- Advertisement -

A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela presenta este venres 14 de febreiro o seu documental “A posta en valor da pesca en Burela” co obxectivo de dar a coñecer a importancia e o impacto do sector pesqueiro na economía local, no emprego, na integración social e cultural.

A proxección terá lugar a partir das 18:00 no salón de actos de ABSA nun acto aberto ao público, que estará presidido polo conselleiro do Mar da Xunta de Galicia, Alfonso Villares, e a alcaldesa de Burela, Carmela López.

No documental participan unhas 50 persoas entre armadores, mariñeiros de diferentes nacionalidades, traballadores de ABSA e representantes doutros sectores e empresas vinculadas coa pesca e que representan a toda a cadea de valor.

Esta acción está cofinanciada por Xunta de Galicia e FEMPA, incluída no plan de produción e comercialización anual da OPP-7 Porto de Burela co obxectivo de contribuír á trazabilidade dos produtos da pesca e ao acceso dos consumidores a información clara e completa.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...