InicioOccidentalCervoCervo acollerá a XIV Ruta de Endura Medela MTB en marzo

Cervo acollerá a XIV Ruta de Endura Medela MTB en marzo

A cita deportiva foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés e o edil de Deportes, David Rodríguez, e polos membros do club organizador, David e Víctor Riera na contorna da piscina municipal, que será o punto de saída e a meta da proba.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo será o escenario o domingo 2 de marzo da tradicional Ruta de Enduro Medela MTB, que xa vai pola XIV edición.

A cita deportiva foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés e o edil de Deportes, David Rodríguez, e polos membros do club organizador, David e Víctor Riera na contorna da piscina municipal, que será o punto de saída e a meta da proba.

A carreira, de dificultade media-alta, será duns 30 quilómetros, e 1.200 metros de desnivel acumulado e permitirá desfrutar de 4 tramos acondicionados polos membros do Club durante os últimos meses con moito traballo e esforzo para que os amantes do enduro poidan gozar da competición ao máximo.

A alcaldesa e o concelleiro quixeron agradecerlles unha vez máis aos integrantes do club o seu traballo “eles son a alma mater dunha competición que ano tras ano demostra ser un verdadeiro reflexo do esforzo, a dedicación e a paixón que teñen por este deporte; porque non só participan activamente na ruta, senón que son os responsables do seu acondicionamento e do deseño do trazado, cun respecto absoluto pola contorna que nos rodea”.

Esta compeción é moito máis que unha proba deportiva –engadiron- “é ademais un atractivo para que os amantes deste deporte tamén poidan descubrir os atractivos do noso concello sobre as dúas rodas”.

A saída está prevista para as 9:30 horas na Piscina de Lieiro. As persoas interesadas poden inscribirse a través da web www.fgalegaciclismo.es, e atopar máis información na páxina de facebook Club Medela Mtb.

ÚLTIMAS

Veciño de viveiro acepta un ano de cárcere por distribuír pornografía infantil

Un veciño de Viveiro aceptou un ano de cárcere por tenencia e distribución de...

Alcoa poderá deixar de ser “empresa en crise” a final de ano

Alcoa manifestou que a finais deste ano, no último trimestre de 2025, "poderá deixar de...

ACISA e Concello de Ribadeo asinan un convenio de colaboración cunha axuda de 20.000 euros

Acisa e Concello de Ribadeo asinaron o convenio de colaboración anual que regula a...

Trabada denuncia o abandono sanitario da Xunta e esixe medidas inmediatas

O Concello de Trabada denuncia a situación tan preocupante que está a sufrir...