InicioOccidentalCervoCervo celebra o Día Mundial contra o Cancro cunha charla sobre alimentación...

Cervo celebra o Día Mundial contra o Cancro cunha charla sobre alimentación saudable

Publicada o

- Advertisement -

Este martes, 4 de febreiro, é o Día Mundial contra o Cancro. E desde o Concello de Cervo en colaboración coa asociación de Xubilados Terramar, convidan a toda a veciñanza a participar ese día nunha charla sobre vida saudable e alimentación baixo o título “a alimentación como factor protector fronte ao cancro” que impartirá a nutricionista Cristina Rodil. 

Será ás 16:30 horas, no local social de Terramar, na Casa do Mar; a continuación as persoas asistentes poderán desfrutar dunha degustación saudable.

Desde o Concello de Cervo animan á participación “porque unha dieta saudable pode influír no risco de padecer un cancro, na resposta ao tratamento, e na calidade de vida durante e despois da enfermidade”.

ÚLTIMAS

Alcoa destaca a seguridade da balsa de lodos vermellos tras presuntas fugas denunciadas por veciños

Un veciño da parroquia de Lago gravou a inicios desta semana unha presunta fuga...

Burela participará no II Encontro Internacional de Mulleres Electas en Cabo Verde

A alcaldesa de Burela e presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, acompañada pola concelleira de Economía, Patricia...

O grupo de gaitas Dambara de Burela estará no desfile de San Patricio en Madrid co apoio da Deputación

O grupo de gaitas da Asociación Cultural e Musical Dambara de Burela será o...