InicioOccidentalCervoRecoñecemento do Concello de Cervo a Xosé Vizoso

Recoñecemento do Concello de Cervo a Xosé Vizoso

Publicada o

- Advertisement -

O pasado xoves celebrouse o Día da Ilustración que serviu para realizar unha homenaxe ao artista gráfico Xosé Vizoso, vencellado desde sempre a Cervo, autor dos icónicos cartaces da Queimada Popular que organiza cada agosto Airiños do Xunco, e cuns fortes lazos tamén coa cerámica de Sargadelos.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, quixo acompañar ao artista nese día tan especial que tivo como acto central a inauguración da exposición ‘Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo’, que se pode visitar na Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura, ata o mes de maio.

Unha mostra que fai un percorrido pola súa prolífica traxectoria que “tanta pegada deixou e segue a deixar no noso Concello coa súa mestría e o seu estilo inconfundible e característico, que agocha a esencia da cultura galega”.

ÚLTIMAS

Fran Cajoto: “O que non di publicamente a Xerencia é que as Urxencias en Foz dependerán da voluntariedade dos médicos”

  -Cales son as últimas novidades que teñen en Foz sobre o horario de atención...

A ‘Oca Inmigrante’ en Burela promove a convivencia e inclusión entre alumnado de primaria

  O Concello de Burela, a través da súa área de Inmigración, desenvolveu estes días...

O alcalde de Foz pide “por escrito” garantías de que o centro de saúde non pechará os sábados pola mañá

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, mantén a súa preocupación pola situación na que...