InicioCulturaShiva Nurhakim: 'Aprendín galego falando cos demais nenos na escola'

Shiva Nurhakim: ‘Aprendín galego falando cos demais nenos na escola’

Shiva Eliska Alinda Nurhakim é unha moza de orixe indonesia que vive en Burela cos pais e unha irmá. O pai traballa no mar formando parte das tripulacións multinacionais da frota pesqueira na Mariña. Por outra parte, Shiva está moi interesada na arte e o debuxo por iso o seu desexo é estudar Belas Artes e xa gañou varios premios de deseño. O seu proceso de inmersión no galego comezou primeiro en Muxía cos seus compañeiros de escola e continuou en Burela desde onde quere continuar estudos.

Publicada o

- Advertisement -

-Shiva, de onde procedes ti e a túa familia e canto tempo levades en Burela?

Somos de Indonesia, da illa de Java Central e eu nacín na cidade de Bandung. En Burela levamos vivindo desde 2018 mais antes viviamos en Muxía. Aquí vivimos o meu pai, a miña nai, a miña irmá pequena e eu.

-Cales foron os motivos polos que vos trasladastes a Galicia?

Basicamente polo traballo do meu pai que é mariñeiro. El quixo que viñeramos toda a familia e eu xa me escolaricei aquí en Segundo de Primaria e agora estou en Segundo de Bacharelato de Artes. Encántame debuxar e quero facer Belas Artes.

-Xa tes feito traballos de deseño?

Participei nun concurso cando estaba en 6º de Primaria e gañei, logo en 2022 gañei un concurso para toda Galicia para a campaña do Pilabot. En 2023 gañei un concurso para facer o cartel da Feira do Bonito de Burela. O último concurso en que participei foi cun debuxo e un relato de Nadal en Santiago. Á parte, tamén estou indo a unha academia para practicar arte e debuxo.

-Na túa familia hai máis xente que guste de pintar, facer debuxos e deseños?

Si, o meu irmán maior, que está en Indonesia, e a quen lle gusta moito pintar murais. El quedou aló coa nosa casa e porque ten traballo nunha fábrica.

-Como foi o teu proceso de inmersión no galego?

En Muxía aprendéranme a falar en castelán mais logo cos demais nenos fun aprendendo galego e xa en Burela falei máis en galego cos compañeiros. Ademais, este curso participei no programa de Radio Burela, Proxecto Neo, facendo entrevistas sobre fútbol, sobre o traballo das persoas e outros temas.

-A comunidade de indonesios é moi grande aí en Burela? Facedes actos en común entre todos?

Son máis de 300 repartidos entre Viveiro, Xove e Burela. Moitos indonesios somos musulmáns e o último día do Ramadán rezamos na mesquita e logo celebramos unha comida todos xuntos. Tamén o 17 de agosto celebramos a independencia de Indonesia nalgún local onde facemos unha comida comunitaria.

ÚLTIMAS

ACISA presentou en Fitur ‘Ribadeo, o teu próximo destino’

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, desprazado a Madrid contou que “demos a coñecer...

O BNG acusa ao PP de votar en contra do reforzo a alumnos con necesidades no CEIP de Covas, en Viveiro

O deputado do Bloque Nacionalista Galego, Daniel Castro, presentou no Parlamento de Galicia unha...

Restablecida a circulación da FEVE Ribadeo-Ferrol tras caer unha árbore na liña

O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) informou de que a circulación da liña de...

Barreiros preséntase en Fitur como espazo de natureza e turismo activo

O concelleiro de Dinamización, Dani García, acudiu á Feira Internacional de Turismo (FITUR) que...