InicioCentralFozReorganización do goberno local de Foz despois do abandono do BNG

Reorganización do goberno local de Foz despois do abandono do BNG

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde, Fran Cajoto, anuncia a reorganización do goberno de Foz despois do abandono do BNG das súas competencias e explica: “o 24 de decembro a concelleira nacionalista Zoraida Coira asumiu a xestión da Residencia e Centro de Dia e o pasado venres 17 de xaneiro o conxunto dos concelleiros do BNG renunciaron á totalidade das competencias delegadas, incluída a residencia. Iniciamos agora unha nova etapa na que os sete concelleiros socialistas asumimos a xestión do municipio. Facémolo, como sempre, con gran ilusión e responsabilidade, agardando que os acertos sexan máis que os erros e traballando máis se cabe para que Foz continúe a senda de crecemento e mellora dos últimos anos”.

O alcalde asinou hoxe, martes 21 de xaneiro de 2025, o decreto que establece a designación das delegacións e que son as seguintes:

  • Francisco Cajoto Caserío: Alcalde. Competencias en Obras (inclúe abastecemento, saneamento, desbroce de camiños e medio rural), Parques e Xardíns, Urbanismo e Seguridade Cidadá)
  • Inés López Couto: Primeira Tenente de Alcalde. Delegación en Economía, Facenda e Cultura (inclúe festas e patrimonio).
  • Ángel Fernández Neira: Segundo Tenente de Alcalde. Delegación en Medio Ambiente (inclúe recollida de lixo e limpeza viaria), Deportes, Xuventude, Mar e Alumeado Público.
  • Ana Matea Rojo Eijo: Concelleira de Servizos Sociais (inclúe residencia e escolas infantís), Muller, Igualdade e Inmigración.
  • Elena Martínez Pena: Concelleira de Educación (inclúe colexios, instituto e aula universitaria), Innovación e Participación Cidadá.
  • Carlos García Rodríguez: Concelleiro de Relacións Institucionais, Comunicación e Coordinación de Axenda 2030.
  • Katherina Asunción Navarro Machado: Concelleira de Turismo, Comercio e Sanidade.

Unha etapa de goberno que asumen con sete concelleiros dos dezasete que conforman a Corporación Municipal. “Presentámonos ás eleccións para traballar e xestionar e vamos a seguir facéndoo, con moita ilusión. Imos obviar as palabras grosas que recibimos de Partido Popular e BNG, un desacerto que creo que non é xusto: por respecto pero tamén polo esforzo que facemos todos os días. Queremos chegar a acordos, coas dúas forzas, especialmente co BNG, unha forza progresista e de esquerdas. Os intereses xerais do pobo deben estar sempre por diante e con esa premisa imos a traballar”, declara o alcalde.

O alcalde de Foz avanza tamén no anuncio de distintas liñas de actuación que se prevén para este ano que comeza:

  • “Mellora de viais: Están contratadas ou en fase de contratación obras por un importe de 1,24 millóns de euros que se van a executar durante este ano 2025. Estamos a falar do aglomerado de distintos viais titularidade da Deputación entre os que se encontran Corporacións, Mijail Gorbachov ou a estrada Rapadoira – Llas. A renovación das rúas Alfonso X e Alfredo Brañas, a execución dun novo acceso ás Torres ou a renovación do firme da Avenida da Mariña. Tamén se inclúe o remate da renovación integral de Irmandiños entre Glorieta de Vilalba e o Campo da Cabana, así como a mellora de distintos camiños. A este orzamento de 1,24 millóns de euros podemos sumar as rotondas de Cangas -están pendentes de executar aproximadamente 370.000 euros de inversión- e novos proxectos que virán da man do Plan Deputación, Agader e distintas liñas de financiamento..
  • Limpeza viaria e recollida de lixo: Imos tramitar a adquisición dunha nova barredora e licitar o contrato da recollida separativa de lixo, incluíndo o novo contedor marrón. Temos como obxectivo dispoñer ademais puntos de recollida selectiva no casco urbano para pilas, cartuchos de impresora, luminarias e outros residuos específicos. Vamos xestionar a limpeza e adecuación das illas de contedores así como mellorar en xeral a limpeza do casco urbano.
  • Deportes: Imos avanzar no recoñecemento dos nosos deportistas coa Gala do Deporte aprobada en pleno, xestionar a mellora da cuberta da piscina municipal a través do convenio asinado con Vicepresidencia e promovido por Simeón Neira, tramitar a novo contrato da concesión da piscina e mellorar as instalacións deportivas, en parroquias e casco urbano.
  • Servizos Sociais: Imos demandar a transferencia inmediata da propiedade da Residencia e Centro de Día, tal e como establece o convenio asinado co Consorcio Galego de Igualdade e Benestar -Xunta de Galicia- para poder desbloquear a xestión do centro, paralizada no momento da adxudicación do contrato.
  • Educación: Imos redactar os pregos para a licitación do servizo de madrugadores nos tres colexios públicos (CEIP Nº 1, Cantel e Fondo Nois), co obxectivo de facilitar a conciliación das familias.
  • Ciclo Integral da Auga: Continuamos da man de Augas de Galicia coa execución nova depuradora de augas residuais. No primeiro trimestre deste ano imos levar a pleno a licitación da xestión do servizo de depuración, saneamento e abastecemento do Concello de Foz: un contrato que leva aparellados 1,2 millóns de euros de inversión na planta potabilizadora e 1,3 millóns de euros de inversión para renovación de distintas canalizacións, así como outras melloras”.

ÚLTIMAS

Veciño de viveiro acepta un ano de cárcere por distribuír pornografía infantil

Un veciño de Viveiro aceptou un ano de cárcere por tenencia e distribución de...

Alcoa poderá deixar de ser “empresa en crise” a final de ano

Alcoa manifestou que a finais deste ano, no último trimestre de 2025, "poderá deixar de...

ACISA e Concello de Ribadeo asinan un convenio de colaboración cunha axuda de 20.000 euros

Acisa e Concello de Ribadeo asinaron o convenio de colaboración anual que regula a...

Trabada denuncia o abandono sanitario da Xunta e esixe medidas inmediatas

O Concello de Trabada denuncia a situación tan preocupante que está a sufrir...