InicioEconomíaO DOG publica a construción da evacuación eléctrica do proxecto eólico de...

O DOG publica a construción da evacuación eléctrica do proxecto eólico de Mondigo

Tal e como figura no texto, publicado pola Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, deuse luz verde tanto á autorización administrativa previa como ao proxecto de execución.

Publicada o

- Advertisement -

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este luns a construción da evacuación eléctrica do proxecto eólico de Mondigo, promovido por Esus Renergía Renovable SL entre os concellos lucenses de Barreiros e Trabada.

Tal e como figura no texto, publicado pola Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, deuse luz verde tanto á autorización administrativa previa como ao proxecto de execución.

A evacuación, que conta cun orzamento de construción de 854.676,42 euros, recibiu durante este proceso senllos informes favorables non só a nivel autonómico, senón tamén dos concellos de Barreiros e Trabada, da Deputación de Lugo e da Confederación Hidrográfica do Cantábrico, dependente do Estado.

A liña de alta tensión terá unha lonxitude total de 5,04 quilómetros e será tanto subterránea como aérea.

ÚLTIMAS

Expomar está presente na ‘Feira Expomar de Cabo Verde’

A Fundación Expomar colabora coa Consellería do Mar da Xunta de Galicia na “Feira...

‘No Nadal, ti iluminas Ribadeo’ campaña do Concello e Acisa

Concello de Ribadeo e Acisa presentan a campaña No Nadal, ti iluminas Ribadeo co...

Judas Priest estreará no Resurrection Fest o seu novo traballo ‘Invincible Shield’

A banda británica Judas Priest actuará no Resurrection Fest de 2025, en Viveiro, onde...

Nova sinalización no polígono de Landrove, en Viveiro, para mellorar a seguridade viaria

A Tenencia de Alcaldía do Concello de Viveiro, responsable da área de Obras, pon...