- Advertisement -
O alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, asistiron este domingo na cidade episcopal á ofrenda á Virxe dos Remedios, patroa da diocese Mondoñedo-Ferrol.
Desde hai preto de noventa anos a ofrenda é realizada polos alcaldes das localidades que foron cabeceira de partido xudicial. Neste 2024 a quenda foi para o rexedor de Ortigueira.
A misa oficiouna o Bispo Monseñor Fernando García Cadiñanos. A continuación tivo lugar a tradicional procesión.