InicioCentralBurelaABANCA e Armadores de Burela renovan o acordo para atender as demandas...

ABANCA e Armadores de Burela renovan o acordo para atender as demandas do sector

Publicada o

- Advertisement -

Abanca e Armadores de Burela, S.A. (ABSA) renovaron o seu acordo de colaboración co foco posto en dar resposta ás demandas e necesidades do sector, na comarca da Mariña e en toda a comunidade galega.

Así, tal e como detallou a entidade, o acordo foi asinado este martes pola directora territorial de Abanca en Lugo, Zaira Dapena, e o presidente dos armadores, Abelardo Basanta. Ambos destacaron a transcendencia desta alianza e os retos actuais aos que se enfronta o sector, como a sustentabilidade e a falta de substitución xeracional.

Ademais, tamén acordaron traballar para aproveitar as oportunidades que ofrece o novo PERTE Mar-Industria, “clave para fortalecer o sector”.

Así mesmo, o convenio establece “unha aposta clara pola sustentabilidade do sector, que se canaliza a través de produtos e servizos para impulsar a renovación da frota”.

Neste sentido, as dúas entidades lembraron que a proteína procedente da frota galega é un dos alimentos con menor impacto ambiental e dos máis beneficiosos para a saúde.

CATÁLOGO

Segundo subliñou Abanca nunha nota de prensa, o catálogo que recolle o acordo contempla os financiamentos de hipotecas navais, préstamos ou leasing mobiliario con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencia e intereses competitivos.

Co obxectivo de cubrir necesidades de liquidez puntuais, o documento recolle unha serie de produtos adaptados, como a póliza de crédito específica para o sector pesqueiro e a póliza deseñada para a agrupación de armadores.

Tamén se establecen alternativas como os anticipos de axudas, facilidades para o adiamento de pagos de impostos e liñas de desconto para reducir os impactos xerados por situacións externas, como a caída da demanda pola subida dos prezos ou a diminución das capturas xeradas por condicións climáticas desfavorables.

ÚLTIMAS

Manuel Arango: “O Certame de Teatro naceu do gusto que había en Lourenzá pola escena”

-Cal foi a raíz deste Certame de Teatro Amador en Lourenzá? Porque aquí en Lourenzá...

Javier Veiga: “Creamos esta rapa para dinamizar o lugar e que a xente se anive a vir”

-Por que se creou esta Rapa das Bestas de Neipín, na Pontenova, sendo esta...

Comeza o Ribadeo Indiano 2024 para esta fin de semana

Ribadeo vibra xa co Indiano 2024. A cor branca tingue xa as rúas e...

Foz celebrará este sábado as actuacións de Mallou e Habelas Hainas

sábado, día 13 de xullo, ás 22.30 horas na praza Rosalía de Castro...