A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (ACISA) de Ribadeo felicita ao Parador de Turismo por gañar, coas súas tapas salgada e doce, a décimo oitava edición do concurso gastronómico Ribadeo de Tapeo. Desde a directiva de ACISA sinalan: “queremos felicitar a todos os premiados no Ribadeo de Tapeo 2024, organizado polo Concello, en especial aos nosos asociados.
As tapas do Parador de Turismo foron elixidas por un xurado profesional como as mellores desta edición, tanto na versión doce como na salgada. O segundo premio foi para outro establecemento membro de ACISA, Ramonita; e ademais recibiu unha mención especial Kalpa Amodiño, tamén asociado noso. Felicidades a todos e animámoslles a seguir traballando nesa liña”. E engaden que “na creación de cada tapa hai moito traballo detrás e iso é premiouno o xurado profesional do Ribadeo de Tapeo, certame no que das dez tapas finalistas oito foron presentadas por locais asociados a ACISA Ribadeo”.
Día da nai ACISA Ribadeo celebra o Día da Nai sorteando unha experiencia para dúas persoas denominada Entre burbullas, a escoller entre 300 estancias, e unha xoia exclusiva de Galería Terra Branca, que é un colgante de praia de lei con madreperla. Desde a directiva do colectivo empresarial lembran que “todas aquelas persoas que fagan as súas compras nos establecementos asociados ata o 5 de maio terán a posibilidade de entrar no sorteo destes agasallos, que terá lugar o 6 de maio”. Ademais o vindeiro domingo, Día da nai, ACISA repartirá flores polas rúas de Ribadeo “para ter un detalle coas mamás, como xa se fixo en anos anteriores”.