InicioOccidentalViveiroViveiro instala 500 trampas contra a velutina capturando máis de mil raíñas

Viveiro instala 500 trampas contra a velutina capturando máis de mil raíñas

Publicada o

- Advertisement -

A Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Medio Rural de Viveiro informan de que 1113 posibles raíñas de vespa velutina foron capturadas grazas ás 500 trampas instaladas dende o pasado día 12 de marzo.


Estes 1113 exemplares foron capturados en dúas reposicións das trampas, ubicadas en 450 ubicacións distintas, e a finais desta semana estará rematada unha terceira reposición.
“A comparativa cos datos de anos anteriores permite esperar que o número de niños nesta tempada será baixo”, explica o concelleiro de Medio Rural, Ramón Martínez.


“Grazas á aplicación do trampeo, agardamos ao redor de 200 niños, mentres que en anos anteriores, sen trampeo, tiñamos que retirar entre 800 e máis de 1000”, sinala Martínez.
O concelleiro afirma que dende o Concello de Viveiro seguirán “actuando nesta liña para reducir ao máximo os prexuízos causados pola vespa velutina no noso municipio”.

ÚLTIMAS

Manuel Arango: “O Certame de Teatro naceu do gusto que había en Lourenzá pola escena”

-Cal foi a raíz deste Certame de Teatro Amador en Lourenzá? Porque aquí en Lourenzá...

Javier Veiga: “Creamos esta rapa para dinamizar o lugar e que a xente se anive a vir”

-Por que se creou esta Rapa das Bestas de Neipín, na Pontenova, sendo esta...

Comeza o Ribadeo Indiano 2024 para esta fin de semana

Ribadeo vibra xa co Indiano 2024. A cor branca tingue xa as rúas e...

Foz celebrará este sábado as actuacións de Mallou e Habelas Hainas

sábado, día 13 de xullo, ás 22.30 horas na praza Rosalía de Castro...