InicioCentralBurelaBurela informa de cortes de tráfico na Rúa Lamestra e Ría do...

Burela informa de cortes de tráfico na Rúa Lamestra e Ría do Correo por obras

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela informa dos cortes de tráfico na rúa Lamestra e na rúa do Correo, que se manterán nas vindeiras semanas con motivo das obras que se están a desenvolver en ambas vías.


No caso da rúa Lamestra, estanse a realizar nela uns traballos de humanización a carón do parque, dos que se agarda que estean finalizados antes das festas patronais de Burela. Ademais, a Policía Local avisou de que, para facilitar chegar á rúa Pardo Bazán desde a rúa Rosalía de Castro, dentro duns días cambiará o sentido de circulación na rúa Cova Moura, algo do que se informará de xeito convinte nos días anteriores.


Por outra banda, na rúa do Correo vaise realizar unha actuación de urxencia para arranxar un socavón presente debaixo da estrada, de novo antes da celebración das festas patronais.
O carril afectado xa se atopa inhabilitado e sinalizado. Actualmente se está tramitando un contrato de emerxencia co obxectivo de comezar as obras esta semana ou a semana que vén.


“Ao detectar o socavón nunha vía tan importante para a celebración das festas, puxémonos a traballar inmediatamente, tanto para evitar os riscos derivado da súa presencia como pola proximidade dunhas datas tan sinaladas”, explicou o concelleiro de Obras, Ramiro Fernández Rey.


“Trátase dunha obra sinxela pero que ten as súas particularidades, posto que por alí pasan liñas eléctricas de alta tensión, e isto isto dificulta a obra”, sinalou o edil. “Estamos á espera dunha análise máis profunda para comprobar ademais que non haxa problemas de filtracións de auga”, engade.


“Irase informando do desenvolvemento destes traballos dende as redes sociais do Concello e da Policía Local”, indicou Fernández Rey. “Pedímoslle paciencia á veciñanza, xa que é necesario realizar estas obras canto antes para evitar males maiores”, concluíu.

ÚLTIMAS

Manuel Arango: “O Certame de Teatro naceu do gusto que había en Lourenzá pola escena”

-Cal foi a raíz deste Certame de Teatro Amador en Lourenzá? Porque aquí en Lourenzá...

Javier Veiga: “Creamos esta rapa para dinamizar o lugar e que a xente se anive a vir”

-Por que se creou esta Rapa das Bestas de Neipín, na Pontenova, sendo esta...

Comeza o Ribadeo Indiano 2024 para esta fin de semana

Ribadeo vibra xa co Indiano 2024. A cor branca tingue xa as rúas e...

Foz celebrará este sábado as actuacións de Mallou e Habelas Hainas

sábado, día 13 de xullo, ás 22.30 horas na praza Rosalía de Castro...