A Asociación Cultural O Atrio de Vilaronte e baixo o nome poético “Aos pés de Corneria” coa imaxe de durmir debaixo deste monte mítico da zona de etimoloxía anglosaxona e porteador de diversas lendas, celebrase por terceira vez o mercado de proximidade en Vilaronte (Concello de Foz) organizado pola Asociación Cultural O Atrio de Vilaronte.
O mercado ten como propósito visibilizar aos produtores, artesáns, iniciativas culturais da
comarca, aos autónomos da zona, a arte da vecindade, e dinamizar a parroquia de Vilaronte
cargada de historia que comeza a sufrir os efectos da despoboación e concienciar no consumo próximo.
É pois o centro de Vilaronte, o atrio, o lugar de xuntanza de, entre outros, estes postos:
verduras, artesanía; arte, música, poemarios, libros, postos de embutidos, xoias, coiro…
Aquí vos deixamos o programa do día:
Domingo, 5 de Maio
- Ás 10:00h apertura do mercado
- Ás 11:00h pasarrúas a cargo de “Os Petapouco”, percusión da Comparsa Ruxe Ruxe de Vilaronte
- Ás 11:30h Charla “Placas solares fotovoltaicas e interpretación de facturas de electricidade” a cargo
de Damián Sánchez Bermúdez (Inxeñeiro Técnico Industrial Colexiado Nº 907-CEO de Sonova SCG)
e José Luis Montiña Martín (Técnico especialista en contratos de enerxía-CEO de Insogal). A charla
celebraráse no antigo Bar de Vilaronte. - Ás 12:30h Obradoiro para nen@s con motivo do día da nai
- Ás 12:30h “Cata Vermut Arnao” a cargo de Iago Rivas (Brand Ambassador Arnao Vermut). A Cata
terá lugar na Terraza de Brais. - Ás 13:30h Sesión Vermut co grupo “Los Alcántara”
- Ás 15:00h Sobremesa con grupo de gaitas locais.
- Ás 16:30h o Mago Martín Camiña presentaranos un dos seu espectáculos.
- Ás 18:00h Concerto Musical a cargo do grupo “Toxo Guayaba”.
A mediodía contaremos con xamón, churrasco e pulpo a cargo de Pulpería Suso.