InicioCentralFozSae a licitación a cafetaría-bar municipal náutico de Foz

Sae a licitación a cafetaría-bar municipal náutico de Foz

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz sacou de novo a licitación a xestión da cafetería-bar Náutico, situada na praza Conde de Fontao, despois da renuncia da adxudicataria proposta e dos trámites precisos realizados no pleno ordinario do mes de marzo. O prazo de presentación de ofertas remata o día 30 deste mes.

O alcalde, Fran Cajoto, informa que todos aqueles interesados na xestión da cafetería poden ver pregos técnicos e condición na plataforma de contratos do sector público, na seguinte url: https://contrataciondelestado.es/wps/poc?uri=deeplink:detalle_licitacion&idEvl=ziEcqAoDPPt9PLkba5eRog%3D%3D

“O prazo de presentación de ofertas remata o martes día 30 de abril. Todos aqueles interesados en xestionar a cafetería do centro social poden presentar as súas propostas de forma electrónica, cun canon mínimo de 500 euros anuais sobre o que deben ofertar”, explica Fran Cajoto, quen destaca “as cualidades da cafetería: está situada nun lugar privilexiado da nosa vila, cunha terraza que resulta un miradoiro excepcional sobre o peirao. Debemos informar a todos os interesados que o horario de apertura máximo é o que establece a norma para este tipo de establecementos (de 6 da mañá a 2.30 horas da madrugada), establecendo en todo o caso o Concello un horario de apertura mínimo de nove da mañá a nove da noite durante todo o ano”.

A cafetería-bar náutico pretende ser un punto de encontro dos maiores do Concello.

O alcalde anima a todos os interesados que se acheguen a ver as instalacións: “poden concertar unha cita chamando ao Concello, creo que realmente vale a pena”.

ÚLTIMAS

Fóra de perigo o mariñeiro que sufriu hipotermia tras caer no porto de Celeiro

Un mariñeiro que caeu ao mar á altura da lonxa de Celeiro, no municipio lucense...

Ramiro Fernández: “Burela é un punto privilexiado para a observación ornitolóxica”

+ -Por que Burela decidiu apostar por novas vías turísticas na vila como, por exemplo,...

Trabada inicia as obras do circuíto pump track no seu complexo deportivo

O Concello de Trabada vén de iniciar esta semana as obras de construción dun...

O Concello de Foz anuncia aglomerado no vial das Torres esta semana

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, explica que o novo vial das Torres vaise...