InicioOrientalRibadeoO sábado 20 de abril comeza a XVII Edición de Ribadeo de...

O sábado 20 de abril comeza a XVII Edición de Ribadeo de Tapeo

Publicada o

- Advertisement -

Este sábado, 20 de abril, dará comezo o XVII Ribadeo de Tapeo, un dos concursos de tapas con máis renome de Galicia. O evento gastronómico foi presentado pola concelleira de Turismo e Comercio, Marta Saiz, e polo alcalde, Dani Vega.

A edil ribadense contou que “o concurso de tapas Ribadeo de Tapeo dará comezo o vindeiro sábado, 20 de abril, e prolongarase ata o día 28. Serán 26 petiscos que escenifican o bo facer e a creatividade da hostalaría de Ribadeo”.

Saiz subliñou que “nesta edición queremos dar un paso máis e ligar a nosa gastronomía co territorio creando unha nova categoría de tapa máis sostible. E como primeiro paso quixemos establecer como requisito que os petiscos fosen elaborados nun 50% con produto local e que a organización comprobará a través da trazabilidade dos alimentos. Aproveito a ocasión para agradecer a colaboración de Eo Alimenta, que proporcionou asesoramento á hostalería e posibilitou unha rede de contactos entre os hostaleiros e as persoas produtoras da zona. Ademais con esta nova categoría desexamos poñer en valor a produción local e agroecolóxica apostando pola sustentabilidade nos tres eixos: o ambiental, o social e o económico”.

A concelleira de Turismo e Comercio dixo que “desde o Concello de Ribadeo desexamos que esta iniciativa sexa o inicio cara un camiño de alimentación máis sostible ao mesmo tempo que Ribadeo de Tapeo continúe sendo o escaparate da nosa hostalería e da súa profesionalidade e que ademais abandeire unha das ocasións para a dinamización diaria da veciñanza e serva como escusa para pasear polas nosas rúas, visitar o noso comercio e xuntarnos nos bares de sempre coa xente de sempre, unha boa maneira de levantar os ánimos e o apetito a ritmo de cociña”.

A maiores da tapa máis sostible, no Ribadeo de Tapeo tamén haberá propostas doces, veganas, vexetarianas e sen glute. Os premios serán outorgados por un xurado profesional e tamén polo público, que poderá votar nas urnas que atopará nos locais participantes ou a través da aplicación do Ribadeo de Tapeo na que deberá rexistrarse. Para poder votar será obrigatorio ter degustado 5 tapas, para elo deberán ir selando o cartón ou para aquelas persoas que desexen votar a través da aplicación deberán ir escaneando as tapas que degusten a través do QR que atoparán en cada local. As persoas que participen poderán acceder a moitos premios.

ÚLTIMAS

Alcoa analiza ofertas non vinculantes de posibles compradores

Alcoa atópase analizando ofertas non vinculantes de "potenciais interesados" recibidas polo complexo de San...

‘El Pequeño Nicolás’, absolto do delito de usurpación de funcións e suborno durante a súa viaxe a Ribadeo en 2014

O Tribunal Supremo (TS) acordou absolver a Francisco Nicolás Gómez Iglesias, coñecido como 'El Pequeño Nicolás',...

Remolcan ata Burela un veleiro francés con dous tripulantes

Un veleiro francés, 'Bleiz Ar Mor', con dous tripulantes a bordo, foi remolcado este...

O Concello de Foz envía un comunicado sobre a prestación do servizo da residencia

O Concello de Foz envía un comunicado de prensa sobre a prestación dos servizos...