InicioCentralBurelaExpomar celebrará as súas xornadas técnicas e encontra empresarial en maio

Expomar celebrará as súas xornadas técnicas e encontra empresarial en maio

Publicada o

- Advertisement -

As XXXI Xornadas Técnicas e o XXV Encontro Empresarial de Expomar celebraranse entre o mércores 8 e o xoves 9 de maio no porto de Burela.

A Fundación Expomar presenta unha nova edición das súas Xornadas Técnicas e Encontro Empresarial, que se celebrarán o 8 e 9 de maio no porto de Burela para abordar os novos retos e dificultades que afronta o sector pesqueiro.

O foro será como sempre aberto ao público no salón de actos da Confraría de Pescadores de Burela a partir das 16:30h tanto do mércores 8 como do xoves 9 de maio. Como xa é habitual nas últimas edicións, as xornadas tamén se poderán seguir en liña desde a web www.expomar.com.

As Xornadas Técnicas 2024 contarán coa participación do conselleiro do Mar da Xunta de Galicia, Alfonso Villares, que inaugurará o evento acompañado pola presidenta da Fundación Expomar e alcaldesa de Burela, Carmela López.

A primeira xornada titúlase “Xestión pesqueira”, está especialmente dirixida aos profesionais do sector e contará coas intervencións de Isabel Artime, secretaria xeral de pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación MAPA; Pedro Galache, xefe de unidade de Gardacostas e Programas internacionais EFCA (Unión Europea); Julio Valeiras, técnico do Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía (IEO); e Daniel Voces, director gerente de Europeche.

A segunda xornada celébrase baixo o título “Sustentabilidade e saúde” para tratar temas de interese xeral para todos os públicos e contará coas intervencións de Basilio Otero, presidente da Federación Nacional de Confrarías e patrón maior da Confraría de Pescadores de Burela; Rosaura Leis, catedrática de pediatría da Universidade de Santiago de Compostela e membro da Fundación Dieta Atlántica; Juan Revenga, popular dietista-nutricionista da Universidade de Navarra; e Antonio Nieto, xerente de Pesca España.

As dúas xornadas estarán este ano moderadas por senllos xornalistas que cobren a información do sector pesqueiro, como Xusto López Carril, da Radio Galega, e Anxo Rodríguez, director do programa ‘Vivir o Mar’ de Televisión de Galicia. A clausura das Xornadas Técnicas 2024 será ao redor das 7 da tarde do xoves e correrá a cargo da presidenta da Fundación Expomar e alcaldesa de Burela, Carmela López.

ENCONTRO EMPRESARIAL

Pola súa banda, o xoves 9 de maio pola mañá celebrarase a 25ª edición do Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras, que reúne cada ano ás entidades máis representativas do sector pesqueiro a nivel nacional.

A reunión dos representantes da frota terá lugar nas instalacións de Armadores de Burela e ao finalizar o evento, como cada ano, faranse públicas as conclusións tomadas durante a reunión.

ÚLTIMAS

Manuel Arango: “O Certame de Teatro naceu do gusto que había en Lourenzá pola escena”

-Cal foi a raíz deste Certame de Teatro Amador en Lourenzá? Porque aquí en Lourenzá...

Javier Veiga: “Creamos esta rapa para dinamizar o lugar e que a xente se anive a vir”

-Por que se creou esta Rapa das Bestas de Neipín, na Pontenova, sendo esta...

Comeza o Ribadeo Indiano 2024 para esta fin de semana

Ribadeo vibra xa co Indiano 2024. A cor branca tingue xa as rúas e...

Foz celebrará este sábado as actuacións de Mallou e Habelas Hainas

sábado, día 13 de xullo, ás 22.30 horas na praza Rosalía de Castro...