InicioOrientalRibadeoConvocan unha concentración en Ribadeo diante do Centro de Saúde para este...

Convocan unha concentración en Ribadeo diante do Centro de Saúde para este venres

Tamén a Plataforma Sanitaria da Mariña convoca unha concentración o vindeiro domingo 14 de abril ás 12 horas diante do Centro de saúde en resposta á falta de médicos que veñen de sufrir durante toda esta de semana

Publicada o

- Advertisement -

A Plataforma SOS Sanidade Pública A Mariña convoca unha concentración diante do Centro de Saúde de Ribadeo coincidindo co día internacional da Atención Primaria e á mesma hora na que SOS Sanidade Pública convoca unha concentración diante do Parlamento galego. Reivindican así máis recursos para a Atención Primaria.

O VALADOURO

Tamén a Plataforma Sanitaria da Mariña convoca unha concentración o vindeiro domingo 14 de abril ás 12 horas diante do Centro de saúde en resposta á falta de médicos que veñen de sufrir durante toda esta de semana.


O centro de saúde do Valadouro conta con dúas prazas de medicina de familia. Desde hai xa moito tempo, trala xubilación dun dos facultativos o centro conta cun só médico habitualmente, ao non substituirse o oco que deixou esta xubilación. Máis está semana os pacientes que se achegaron ao centro de saúde para recibir asistencia sanitaria atopáronse con que non había ningún médico, persistindo esta situación durante o resto da semana. Desde os servizos administrativos do centro indicóuselle á veciñanza que debían achegarse ata o centro de saúde da veciña localidade de Alfoz ou, en caso de urxencia deberían acudir ao seu PAC, en Burela.


Esta situación, que se vai manter durante toda a semana, causou malestar entre as múltiples persoas que se achegaron ata o centro, xa que esta localidade leva moito tempo co persal facultativo reducido á metade, motivo polo que deciden contactar co colectivo sanitario.


Desde a Plataforma Sanitaria denuncian a situación sanitaria da localidade, que non é nova e está a enquistarse pola decisión da Xerencia de non substituir o persoal que falta. Hai moita indignación entre as veciñas e veciños, pois levan moitos anos loitando por unha asistencia sanitaria completa que desde o Sergas se lles está a negar xa desde hai uns dez anos cando decidiron suprimir o sevizo de pediatría compartido con Alfoz e que a data de hoxe non se repuxo, obrigando ás crianzas a desplazarse ata o centro de saúde de Foz .


O colectivo sanitario mariñao anima a todas as veciñas e veciños de Valadouro, así como de Alfoz e de toda a comarca a que acudan a esta nova xornada de mobilización na que esixiremos que de dote adecuadamente a este centro de saúde do persoal que precisa para atender adecuadamente á poboación todos os días.

ÚLTIMAS

Comezan as licitacións para o viaduto de Celeiro e a variante de Viveiro por 40 millóns

O Goberno galego deu luz verde definitiva ao contrato de servizo para o deseño...

Santiago González, tirador de arco: “Hai que lembrar que un arco é unha arma, por iso se debe ter unha licenza para levalo”

  -Vés de gañar o Campionato Galego de Tiro con Arco. Cal é a orixe...

A Xunta recollerá mostras na Mariña para o proyecto Xenoma

A Xunta iniciará o próximo 16 de xuño, martes, a toma de mostras da...

Foz inviste máis de 200.000 euros no campo de fútbol de Malates

O Concello de Foz ten en marcha as obras de renovación do céspede artificial...