InicioEconomíaO Fórum Gastronómico de Galicia, escaparate do mellor da Mariña

O Fórum Gastronómico de Galicia, escaparate do mellor da Mariña

Publicada o

- Advertisement -

A Mariña estivo moi presente no Fórum Gastronómico de Galicia, que se celebra ata o día de hoxe na Coruña.

Ata a cidade herculina se desprazaron, entre outros axentes, hostaleiros e produtores da Mariña Lucense. Polo Fórum Gastronómico de Galicia pasaron Alejandro Balseiro, do restaurante Nito, que participou nunha das sesións de cociña no autidotiro principal; Javier Montero e Tita Iglesias, do restaurante Javier Montero, que formaron parte dunha mesa redonda sobre formatos de negocio; o xurado do Concurso de Pulpeiras contou entre os seus membros coa presenza de Mar Orosa, do resaturante El Oviedo; o restaurante Rías Altas finalista no Concurso de Empanadas, e a Merluza do Pincho de Celeiro, recibiu o Premio Picadillo na categoría do mar.

Ademais os diversos stands do Fórum contaron con produtos e produtores moi significativos da Mariña como a Faba de Lourenzá coa Cooperativa Terras da Mariña, o Porco Celta e a Cachena de Celtagal con Nando López, a mel mariñá da man de Javier Carreiras, de O Poder das Flores, ou o tostadeiro de café de especialidade co equipo de Urban Coffee Roasters.

A gastronomía da Mariña foi protagonista esta mañá na mesa redonda dedicada aos colectivos gastronómicos de Galicia. Foi moderada por Iñaki Gaztelumendi e contou coa participación de Mar Orosa, como portavoz do Colectivo de Gastronomía da Mariña, en proceso de creación e que xurde no contexto do Plan Director de Turismo Gastronómico da Mariña ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística no que desde a Mancomunidade se segue a traballar.

A Mancomunidade estivo presente nesta xornada de martes no Fórum para arroupar e apoiar á presenza mariñá nesta importante cita gastronómica.

ÚLTIMAS

Manuel Arango: “O Certame de Teatro naceu do gusto que había en Lourenzá pola escena”

-Cal foi a raíz deste Certame de Teatro Amador en Lourenzá? Porque aquí en Lourenzá...

Javier Veiga: “Creamos esta rapa para dinamizar o lugar e que a xente se anive a vir”

-Por que se creou esta Rapa das Bestas de Neipín, na Pontenova, sendo esta...

Comeza o Ribadeo Indiano 2024 para esta fin de semana

Ribadeo vibra xa co Indiano 2024. A cor branca tingue xa as rúas e...

Foz celebrará este sábado as actuacións de Mallou e Habelas Hainas

sábado, día 13 de xullo, ás 22.30 horas na praza Rosalía de Castro...