InicioOccidentalCervoAdrián Domínguez, Cabalgada Cervo: "Organizamos a I Ruta a Cabalo para mostrar...

Adrián Domínguez, Cabalgada Cervo: “Organizamos a I Ruta a Cabalo para mostrar os sitios máis atractivos do concello”

A I Ruta a Cabalo de Cervo celebrarase o vindeiro 14 de abril para percorrer os sitios máis peculiares deste concello. Adrián Rodríguez, da Asociación Cabaleiros da Bidueira, describe como transcorrerá este evento e describe parte das normas aplicadas para a carreira de cabalos posterior á Ruta.

Publicada o

- Advertisement -

-Por que nace esta iniciativa, a I Ruta Cabalar de Cervo?

Somos un grupo de persoas a quen lle gusta montar a cabalo, somos amantes destes animais. Así, un día reunímonos e decidimos crear unha asociación. O motivo era precisamente crear rutas a cabalo e tamén facer carreiras.

-Que percorrido terá esta I Ruta?

Percorreremos o Concello de Cervo e comezaremos saíndo de San Román, pasaremos pola Senra, despois Sargadelos, pasaremos por Cervo e comeremos os pinchos en Sargadelos.

-Os cabalos son da Asociación ou son traídos para esta cabalgada?

Non, son das persoas que forman a Asociación e logo as persoas que se apunten traen o seu cabalo. Esta cabalgada é aberta ao público.

-Cantas persoas reunides para esta I Ruta?

Pois por ser a primeira imos un pouco a cegas mais contamos con que asistan unhas oitenta persoas.

-Como estades pubilicitando esta ruta para animar á participación nela?

Publicamos en redes sociais todo canto faremos. Tamén deseñamos carteis que fomos colocando por diferentes lugares do Concello e dos municipios veciños.

-Os animais deben pasar por algún control previo?

Si, por suposto, ademais deben ter o seu seguro e as súas vacinas. Hoxe en día todo isto está moi controlado.

-Os e as participantes que requisitos deben cumprir?

Deben ter o seu cabalo e con todos os documentos de seguros e vacinacións actualizados. A asociación xa ten un seguro que cubrirá a quen participe mais cada animal debe ter o seu seguro.

-Como se desenvolveu a colaboración co Concello de Cervo?

O Concello de Cervo sempre nos apoiou coas nosas actividades, por exemplo, o ano pasado cunhas carreiras que tiveron éxito cunha participación de 130 xinetes. E realmente, sempre nos apoiou en todo canto fixera falta.

-As carreiras onde se celebrarán e se hai premios para os gañadores?

Temos unha pista xunto ao campo de fútbol de Cervo onde tamén se celebaron o ano pasado. Sobre os premios, aínda non sabemos pero estamos vendendo rifas, puchas ou camisolas para termos ingresos que apoien esta iniciativa.

-Que normas se aplican na carreira?

Non se pode pegar ao animal, xogo limpo e uso de casco. Non hai límites de idade, mesmo agora estamos formando a categoría sub-dezaseis e está habendo moita participación.

-A Asociación cantos membros ten?

Neste momento somos trece persoas. Cada un de nós ten as súas cortes para gardar os animais da súa propiedade.

-Repetiredes o ano que vén?

Se temos uns resultados positivos si porque ademais en Cervo temos moitos sitios bonitos e gustaríanos repetir para o ano, sen dúbida. Por iso escollimos os lugares para ver e facer esta ruta.

ÚLTIMAS

Manuel Arango: “O Certame de Teatro naceu do gusto que había en Lourenzá pola escena”

-Cal foi a raíz deste Certame de Teatro Amador en Lourenzá? Porque aquí en Lourenzá...

Javier Veiga: “Creamos esta rapa para dinamizar o lugar e que a xente se anive a vir”

-Por que se creou esta Rapa das Bestas de Neipín, na Pontenova, sendo esta...

Comeza o Ribadeo Indiano 2024 para esta fin de semana

Ribadeo vibra xa co Indiano 2024. A cor branca tingue xa as rúas e...

Foz celebrará este sábado as actuacións de Mallou e Habelas Hainas

sábado, día 13 de xullo, ás 22.30 horas na praza Rosalía de Castro...