InicioOccidentalViveiroO Concello de Viveiro cualifica de éxito a celebración da Semana Santa

O Concello de Viveiro cualifica de éxito a celebración da Semana Santa

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, amosa a súa satisfacción polo éxito das celebracións da Semana Santa, unha das citas claves para a cidadanía e o sector turístico da vila.


A rexedora celebra que a situación meteorolóxica non impediu a celebración da Semana Santa en Viveiro. “Malia o prognóstico do tempo, que por desgraza afectou a moitas vilas de España, en Viveiro saíron todas as procesións agás a do domingo pola tarde, suspendida polas precipitacións”, sinala Loureiro.


“Viveiro acolleu de novo a unha gran cantidade de turistas, atraídos pola relevancia da nosa Semana Santa, que tamén ten un arraigo significativo entre os nosos veciños e veciñas, a quen lles agradezo a súa participación”, engadiu a rexedora.


Neste sentido, a alcaldesa estendeu o seu agradecemento “ás distintas Confrarías implicadas na organización das procesións, cuxo esforzo mantén viva a nosa Semana Santa”.

Ademais, a alcaldesa destaca as xestións realizadas polo Concello de Viveiro para garantir a seguridade durante a Semana Santa, dada a situación excepcional da Policía Local. “Ademais da Xunta de Seguridade, que se celebra de forma de forma ordinaria antes da Semana Santa, realizamos distintas xestións coa subdelegada do Goberno en Lugo para garantir a seguridade nunha das semanas máis importantes para a nosa vila”, indica a rexedora.


A alcaldesa sinalou que se xestionou a cobertura das carencias da Policía Local actuais, “resultando nunha garantía de seguridade e normalidade para a nosa cidadanía e as persoas que nos visitan, por iso, agradecemos o esforzo dos corpos implicados, como a Policía Nacional, a Garda Civil, a Policía Autonómica, Protección Civil ou o corpo de bombeiros”.

ÚLTIMAS

Alcoa seguirá adiante coa venda de San Cibrao ao rexistrar máis perdas millonarias: 237 millóns ata marzo

Alcoa, o maior produtor estadounidense de aluminio, rexistrou perdas por importe neto atribuído de 252 millóns...

Trabada solicita unha subvención para renovar a vivenda da Unitaria de Vidal

O Concello de Trabada solicitou unha subvención ao Instituto Galego de Vivenda e Solo...

Burela acollerá será a primeira fase da ximnasia rítmica Escolar, Promoción e Pre-Base

O Concello de Burela acollerá, no pavillón Vista Alegre, a Primeira Fase da Liga...

Charla en Burela sobre cambios normativos que afectan a persoas con dano cerebral adquirido

O Concello de Burela acolle, no Salón de Plenos, unha sesión informativa sobre os...