InicioOrientalRibadeoRibadeo pendente de ondas xigantes para surfear este xoves na Illa Pancha

Ribadeo pendente de ondas xigantes para surfear este xoves na Illa Pancha

Esperan que a emblemática onda de Illa Pancha rompa hoxe entre as dez da mañá e as dúas da tarde

Publicada o

- Advertisement -

O surfista Eric Rebiere estará surfeando hoxe, xoves, na compaña de Willyan Santana. Tamén se agarda a participación da xove promesa do surf francés Juliette Lacome, de 21 anos, así como do americano Mason Barnes.

Esperan que a emblemática onda de Illa Pancha rompa hoxe entre as dez da mañá e as dúas da tarde.

O alcalde, Dani Vega, agarda que “todas as persoas que se acheguen ata as inmediacións do Faro da Illa Pancha poidan gozar do fermoso espectáculo visual que forman o surf e o mar. Desde o Concello pedimos precaución para circular pola zona e moita prudencia á hora de achegarse en exceso aos acantilados. Haberá vento e grandes ondas, de aí que insistamos en chamar á precaución. Estes son días nos que Ribadeo recibe a milleiros de visitantes e sabemos que moitos deles estarán dispostos a deixarse sorprender pola grande onda da Illa Pancha”.

ÚLTIMAS

Gómez Caamaño: “Estamos introducindo persoal sanitario” en Burela

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, fixo referencia ao Hospital dá Mariña, cuxo...

Viveiro agradece a colaboración institucional pola vertedura de xurro no Landro

O Concello de Viveiro quere expresar o seu agradecemento a todas as institucións que...

Martín Fernández Vizoso: pregoeiro do X Ribadeo Indiano

O xornalista e estudoso Martín Fernández Vizoso será o pregoeiro do X Ribadeo Indiano,...

O alumnado do CEIP de San Miguel de Reinante estivo na ETAP da Barranca

O alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria do CEIP de San Miguel...