InicioCentralBurelaA Casa da Cultura de Burela acolle as representacións de 'O Traballo...

A Casa da Cultura de Burela acolle as representacións de ‘O Traballo de Andrea’ e ‘Güela-Güela’

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Burela acolle esta fin de semana, no auditorio da Casa da Cultura, dúas representacións teatrais. A primeira será a de ‘O traballo de Andrea’, a cargo do Colectivo Cultural Ollomao, e a segunda, a de ‘Güela-Güela’, de Galitoons.


“Dende a área de Cultura temos esta finde dúas propostas para todo tipo de público, coa fin de que poida desfrutar delas a veciñanza de Burela de todas as idades”, sinala a concelleira de Cultura, Lina Gómez Pardo.


‘O Traballo de Andrea’ é unha obra escrita en catalán por Ignasi García Barba e adaptada ao galego por Ramón Casas Oroza. Está adicada a un público adulto, e trata o papel que xogan as novas xeracións na preservación da Memoria Histórica da Guerra Civil e a Posguerra. A representación terá lugar ás 21:00 deste venres 22 de marzo. As entradas terán un prezo de 5€ e poderán ser adquiridas dende as 20:00 na propia Casa da Cultura.


Por outra banda, ‘Güela-Güela’ é unha obra de teatro de títeres dirixida a un público infantil e familiar. A representación será ás 18:00 deste sábado, día 23, e a entrada ten un prezo de 3€. Trátase dun espectáculo baseado na obra ‘Concerto de aves’ de Frans Snyders, moi visual e cargado de música e emocións. Narra as aventuras de Güili, unha pequena cegoña que quere sumarse ao reparto de bebés recén nacidos xunto ao resto de cegoñas.

ÚLTIMAS

Achan en Ribadeo o primeiro exemplar dun verme invasor depredador do mexillón en Galicia

O biólogo Daniel Prieto, da confraría de pescadores de Ribadeo, localizou durante unha mostraxe un...

Investigan o furto de produtos alimentarios en dous establecementos de Viveiro

A Garda Civil de Lugo investiga en Burela a dous homes como presuntos autores...

Francisco Rois: “Miguel Ángel Revilla será o pregoeiro da 45ª Festa da Troita da Pontenova”

-Despois de corenta e cinco anos desta Festa da Troita, cales foron os cambios...

A biblioteca de Barreiros contará cun club de lectura e biblioencontros infantís

Barreiros dinamizará a biblioteca municipal organizando encontros mensuais cos que pretende fomentar a lectura...