InicioOrientalRibadeoPresentada a X Media Maratón Ribadeo-As Catedrais

Presentada a X Media Maratón Ribadeo-As Catedrais

O concelleiro de Deportes, Francisco José SIlvent, dixo: “presentamos hoxe a décima media maratón Ribadeo-As Catedrais, que se celebrará o 14 de setembro. Mañá, 8 de marzo, ás 20 horas abriranse as inscricións”.

Publicada o

- Advertisement -

A X Media Maratón Ribadeo-As Catedrais terá lugar o 14 de setembro. A inscrición para participar ábrese mañá. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, dixo: “presentamos hoxe a décima media maratón Ribadeo-As Catedrais, que se celebrará o 14 de setembro. Mañá, 8 de marzo, ás 20 horas abriranse as inscricións”.

O edil ribadense manifestou que “desde a organización agardamos que sexan moitas as corredoras e os corredores que se animen a participar nesta nova edición da media maratón. O ano pasado foron máis de 700 os deportistas que a correron e agardamos poder superar esa cifra neste 2024. Moitos veñen acompañados das súas familias ou de amigos e pasan a fin de semana na nosa vila, co que iso supón para os hoteis, para os restaurantes ou mesmo para o comercio”.

Silvent tivo palabras de agradecemento para os colaboradores: “tamén queremos agradecer a todos os colaboradores a súa implicación coa media maratón Ribadeo-As Catedrais”.

A delegada do Progreso na Mariña, Lupe Fernández Bouza, dixo que “no grupo El Progreso estamos encantados de colaborar un ano máis con esta media maratón, que reúne a centos de corredores chegados en equipo ou acompañados polas súas familias para disfrutar da carreira e dunha fin de semana en Ribadeo”.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, declarou que “toda actividade deste calibre ten repercusións na economía local e iso é sempre moi importante. Neste caso será no mes de setembro, algo que contribuirá a prolongar a tempada de verán durante esa fin de semana. Participantes e acompañantes aproveitarán para gozar da nosa vila, da súa contorna, da súa gastronomía e do seu comercio. Agardamos que disfruten moito”.

Na presentación que tivo lugar esta mañá no parque de San Francisco participaron o alcalde, Dani Vega, o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, o técnico municipal de Deportes, Iván López, o xefe territorial de Deportes da Xunta en Lugo, Manuel Otero, a delegada do diario El Progreso, Lupe Fernández Bouza, e a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez.

ÚLTIMAS

Denuncias de malas condicións nas instalacións contraincendios de Celeiro

  A xestión da campaña contra incendios forestais sitúase cada ano no centro do debate...

Peche de camas en Burela: críticas desde a CIG mentres a Xerencia sinala que terá aberto o 100% das camas

O Hospital Público da Mariña, situado en Burela, enfrontará o período estival coa polémica...

Falece unha peregrina alemá logo de caer por un desnivel en Mondoñedo

Unha peregrina alemá, que circulaba en bicicleta, faleceu este sábado tras caer por un...

Viveiro abre o prazo para solicitar autorizacións para as comidas da Feira Renacentista

O Concello de Viveiro abrirá 15 ao 28 de xuño o prazo para solicitar...