InicioOrientalRibadeoAsinadas en Ribadeo as subvencións nominativas de 2023 coas entidades sociais

Asinadas en Ribadeo as subvencións nominativas de 2023 coas entidades sociais

O alcalde Daniel Vega subliñou que “o Concello sempre vai estar a carón destas entidades. Sodes un exemplo de traballo, eficacia e colaboración e sempre investindo no máis importante que é a persoa”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello asinou as subvencións nominativas do 2023 coas entidades sociais. O alcalde, Dani Vega, manifestou que “Ribadeo inviste nas entidades sociais para traballar conxuntamente, colaborar e dotar de orzamento. Firmamos as subvencións nominativas coas entidades sociais neste 2023. Coa Fundación Edes, que cumpre unha función no mundo da educación especial, acolle a moitos rapaces e rapazas de Ribadeo; tamén coa asociación de axuda ao enfermo mental A Mariña, colaboramos con moitas propostas e actividades e son os encargados de facer a cestiña dos arrolos; con Cáritas, que é o abrazo continuo ás persoas con problemas, que máis sofren e sempre atopan ese ombreiro de acollida e colaboración; e con Cogami, a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, son exemplo de acoller, de entender e de colaborar”.

O rexedor subliñou que “o Concello sempre vai estar a carón destas entidades. Sodes un exemplo de traballo, eficacia e colaboración e sempre investindo no máis importante que é a persoa”.

O acto de firma tivo lugar no salón de plenos do Concello de Ribadeo. Ao mesmo asistiron o alcalde, Dani Vega, a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, e o traballador social do Concello, José Luis Gegunde.

ÚLTIMAS

Rebaixan a 12 anos a pena para un home acusado de violar a unha muller en Burela

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este xoves o xuízo contra un home acusado...

Ribadeo avanza nas obras de abastecemento segundo se traslado á Mesa da Auga

As obras do abastecemento de Ribadeo marchan a bo ritmo. Así se puxo de...

O proxecto de saneamento de Barreiros entre os orzamentos aprobados polo Goberno para ACUAES

O Consello de Ministros autorizou unha nova modificación do convenio de xestión directa da...

Alfoz e Lourenzá preparan os seus respectivos actos para o 25 N

O Concello de Lourenzá, en colaboración coa Asociación de Mulleres Rurais de Lourenzá, organiza...