InicioOccidentalViveiroO Concello de Viveiro cualifica de "moi grave" a situación do Centro...

O Concello de Viveiro cualifica de “moi grave” a situación do Centro de Saúde

“Non hai pediatra desde decembro do ano pasado e só hai dous médicos no centro de saúde, pero teñen que atender as urxencias e moitos días non son capaces de atender as citas de atención primaria”, advirte a alcaldesa María Loureiro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro considera “moi grave e insostible” a situación do centro de saúde da vila “pola falta de médicos de atención primaria e de pediatra”.

A alcaldesa, María Loureiro; a tenente de alcaldesa, Miriam Bermudez, e os concelleiros e concelleiras Jesús Fernández, Iria Cotelo e Lara Fernández Fernández-Noriega estiveron hoxe no centro de saúde e asinaron reclamacións pola situación.

“Non hai pediatra desde decembro do ano pasado e só hai dous médicos no centro de saúde, pero teñen que atender as urxencias e moitos días non son capaces de atender as citas de atención primaria”, advirte María Loureiro.

“Ademais, deben dar servizo aos veciños e veciñas de Vicedo e Ourol, polo que a atención sanitaria é moi deficiente e falamos dun servizo público prioritario”, engade Miriam Bermúdez.

O goberno local insiste en destacar “a gravidade da situación, está en risco a saúde dos nosos veciños e veciñas”, aos que demandan que “reclamen as deficiencias, que presenten reclamacións no centro de saúde para que a Consellería de Sanidade faga algo de forma urxente”.

ÚLTIMAS

O goberno local de Foz critica que o voceiro do PP “minta só para conseguir un titular”

A portavoz do goberno local socialista de Foz e concelleira de Facenda, Inés López...

A Deputación asume o financiamento da residencia de maiores de Ribadeo

Concello de Ribadeo e Deputación de Lugo asinaron este venres o convenio polo...

Cervo asume gran parte do incremento de prezos da residencia municipal

O Concello de Cervo comprométese a asumir gran parte do impacto que implica o...

Burela reforza recursos ante emerxencias cardíacas con novos desfibriladores

O Concello de Burela continúa reforzando os seus medios de resposta ante emerxencias cardíacas...