InicioSen categoríaXove acolle a actuación "Casting" de Hipócrita Teatro

Xove acolle a actuación “Casting” de Hipócrita Teatro

Publicada o

- Advertisement -

O Salón de Actos no Centro Cívico do Concello de Xove acollerá o sábado 14 de outubro, ás 19:00 h, o Grupo Hipócrita Teatro vai por en escena a comedia “Casting”. Esta actuación pertence ao Circuito de Teatro Afeccionado 2023 da Deputación de Lugo e conta coa colaboración do noso Concello

O GRUPO

Hipócrita Teatro naceu en Lugo en novembro do 2004, formado por un grupo de alumnos e alumnas do Obradoiro de Teatro que organizaba o Concello. Desde entón traballan de xeito ininterrompido a prol da dinamización cultural a través de diferentes actividades no eido do teatro, que abranguen:

– Creación e representación de espectáculos teatrais para todos os públicos, de pequeno formato (Casting, Miserere, INRI, Onde Chaplin perdeu o seu paraugas, A última pregunta..) ou de gran formato (Menestra de testosterona, Unha historia con pau, Emperador, que pensas? Fala!…)

– Formación dos seus membros.

– Accións de divulgación e comunicación das súas actividades a través de diferentes medios.

– Colaboración con outras entidades de carácter cultural ou social sen ánimo de lucro.

– Programación ao longo de todo o ano, no local asociativo.

– Pertenza á FEGATEA (Federación Galega de Teatro Afeccionado)

A OBRA

Sinopse: Mirna Lois, unha diva dos anos 50, Norma Lee, actriz de cine “erótico” e Úrsula Cimarrón, unha moza aspirante a actriz, coinciden nun casting. Todas compiten por un único papel.

Atrapadas nuns personaxes femininos tópicos, chegarán ao límite do ridículo por cumprir coas expectativas do seu rol. Unha comedia agridoce sobre os estereotipos femininos no cine de Hollywood para chorar, rir, ou chorar coa risa.

ÚLTIMAS

O PP ofrece unha suba importante de votos na Mariña segundo os datos do 18F

Galicia é diversa. A nosa terra é un territorio onde nada ten que ver a...

Cervo recupera a panorámica da Atalaia derrubando parte do esqueleto dun edificio

O Concello de Cervo inicia este ano 2024 acadando un obxectivo ambicioso perseguido desde...

A concelleira de Cultura de Foz cre que o PP quere acabar co Entroido

A concelleira de Cultura en Foz, Inés López Couto, manifesta que “os intereses partidistas...

O TS estuda este mércores o recurso da defensa da viaxe de ‘El Pequeño Nicolás” a Ribadeo

O Tribunal Supremo (TS) estudará este mércores o recurso que presentou a defensa de...