InicioCentralFozFoz inaugurará a exposición "Somos Mar" que será un percorrido polo pasado...

Foz inaugurará a exposición “Somos Mar” que será un percorrido polo pasado mariñeiro da vila

A exposición está montada pola "Sociedade Cultural A Rula" nacida no 2020 e pretende botar a andar a súa folla de ruta para a recuperación do patrimonio material e inmaterial de Foz.

Publicada o

- Advertisement -

A “Sociedade Cultural A Rula” de Foz informa da próxima inauguración da exposición “Somos mar”, o vindeiro venres 28 de xullo, ás 19:30 h.

A mostra pretende mergullar ós visitantes no pasado mariñeiro da vila desde o relato da memoria colectiva focega, representada en cada unha das pezas recollidas. “É unha homenaxe a todas as mulleres e homes que fixeron do mar o noso sustento e parte da nosa identidade”.

Tanto a asociación como o desenvolvemento desta mostra “nacen da teima e o esforzo de Salustiano Alonso e Salustiano Niñe, que foron os responsables de ir xuntando aos poucos e ó longo dos anos o groso da colección da que poderemos gozar todos nós a partir deste venres”.

A exposición é o punto de arranque co que a Sociedade Cultural A Rula, nacida no 2020, pretende botar a andar a súa folla de ruta para a recuperación e posta en valor do patrimonio material e inmaterial dun pasado vinculado co mar, que se atopa nun punto crítico, xa que “todo ese coñecemento herdado esmorece un pouco máis cada vez que as voces autorizadas dos nosos maiores desaparecen”. É por isto que a Asociación manifesta o seu agradecemento a todas e cada unha das persoas que colaboraron coa asociación na consecución deste proxecto, tanto na cesión de pezas e información sobre as mesmas, na axuda en traballos de recuperación, elaboración de materiais e todos os esforzos “sen as que non tería sido posible chegar a bo porto”.

A inauguración contará cunha visita guiada participada na que convidamos ós asistentes a que compartan o seu saber e os seus recordos con todos nosoutros, porque un patrimonio compartido é un patrimonio vivo. A exposición “Somos mar” estará aberta, en visita libre, no horario de apertura do Cenima.

ÚLTIMAS

A Xunta autoriza a planta de residuos non perigosos de Ribadeo aínda que recoñece “aumento de pó e ruido”

A Xunta formulou o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación do centro...

A Mariña sentirá a potencia dos motores co seu VIII Rally que se celebrará esta fin de semana

Esta tarde presentouse en Viveiro a oitava edición do Rally da Mariña Lucense, que...

Fundación Expomar presenta o novo formato das súas xornadas técnicas

A Fundación Expomar, co cofinanciamento da Consellería do Mar da Xunta de Galicia e...

O PP de Foz vota en contra da creación dun PAC en Foz: “o modelo actual funciona”

O Partido Popular de Foz no p en contra da proposta presentada pola esquerda...