InicioOrientalRibadeoAmpliación con novos xogos para o parque biosaudable de Ribadeo

Ampliación con novos xogos para o parque biosaudable de Ribadeo

A edil Mónica Freire sinalou que a Deputación achegou "máis de 17.700 euros. Queremos agradecer o apoio da institución provincial aos proxectos que ao longo destes anos lle fomos propoñendo”.

Publicada o

- Advertisement -

O parque biosaudable de Ribadeo conta con novos xogos para as persoas maiores. A concelleira de Servizos Sociais, Mónica Freire, explicou que “este parque precisaba dunha mellora importante. Procederase estes días a colocar o caucho no chan, mentres que xa foron instalados os novos xogos, que veñen substituír aos antigos que estaban moi deteriorados polo seu uso e polo paso do tempo”.

A edil ribadense subliñou que “esta mellora é posible grazas ao convenio de cooperación que asinaron o Concello e a Área de Deportes da Deputación, para colaborar no acondicionamento e mellora do parque de xogos biosaudable de Ribadeo, que está situado a carón do aparcamento municipal”.

E engadiu que “a achega da Deputación foi de máis de 17.700 euros. Queremos agradecer o apoio da institución provincial aos proxectos que ao longo destes anos lle fomos propoñendo desde o Concello de Ribadeo”.

ÚLTIMAS

Fran Cajoto: “O que non di publicamente a Xerencia é que as Urxencias en Foz dependerán da voluntariedade dos médicos”

  -Cales son as últimas novidades que teñen en Foz sobre o horario de atención...

A ‘Oca Inmigrante’ en Burela promove a convivencia e inclusión entre alumnado de primaria

  O Concello de Burela, a través da súa área de Inmigración, desenvolveu estes días...

O alcalde de Foz pide “por escrito” garantías de que o centro de saúde non pechará os sábados pola mañá

O alcalde de Foz, Fran Cajoto, mantén a súa preocupación pola situación na que...