InicioCentralBurelaXuízo para dúas persoas de Burela acusados por agredir cunha arma branca...

Xuízo para dúas persoas de Burela acusados por agredir cunha arma branca a outra persoa

O Ministerio Público pide para cada un do acusados tres anos de cárcere, así como unha indemnización de 35.000 euros para a vítima e de 582,94 euros para o Sergas.

Publicada o

- Advertisement -

O Penal número 2 de Lugo acollerá o vindeiro mércores, día 12, o xuízo contra dúas persoas, nai e fillo, acusados de protagonizar unha liorta en Burela, no transcurso da cal agrediron cunha arma branca a outra persoa.

Segundo recolle o escrito de acusación fiscal, os feitos remóntanse a agosto de 2017, cando ambos os acusados se atopaban no exterior dun local de lecer nocturno de Burela.

Nun momento determinado se personó un home que comezou a discutir co fillo, “chegando ambos a encerellarse e caer ao chan”. Nese momento, a nai sumouse á pelexa e, entre ambos, golpearon e morderon á vítima.

Posteriormente, algún dos dous acusados sacou unha arma branca, coa que causaron un corte no interior do cóbado dereito ao lesionado.

O Ministerio Público pide para cada un do acusados tres anos de cárcere, así como unha indemnización de 35.000 euros para a vítima e de 582,94 euros para o Sergas en concepto de gastos de asistencia.

ÚLTIMAS

Sargadelos nega responsabilidade nos casos de silicosis e eleva o pulso coa Inspección de Traballo

Sargadelos afirma que "non é certo, nin está comprobado, que os dous casos detectados...

Viveiro convocará un pleno extraordinario para aprobar os Orzamentos 2026

O Concello de Viveiro convocará antes do 31 de decembro un pleno extraordinario para...

A promoción de mercados e o turismo sostible marcan o ano máis dinámico na Mariña

Remata un ano frutífero para o turismo da Mariña. Ao abeiro do Plan de...

‘Vila Nadal’ en Mondoñedo para todos os públicos

O Concello de Mondoñedo presentou hoxe Vila Nadal Mondoñedo, un espazo de lecer pensado para todos os...