InicioCulturaMaribel Lorenzo: "O noso obxectivo é a promoción do antigo Camiño dos...

Maribel Lorenzo: “O noso obxectivo é a promoción do antigo Camiño dos Arrieiros”

A Asociación Nordés naceu en 2013 coa intención de divulgar e dar a coñecer as chamadas "Terras da Faladora", que recolle no seu seo concellos de Ortegal e da Mariña Luguesa. Falamos coa presidenta Maribel Lorenzo sobre algúns dos aspectos salientables desta asociación e os proxectos que realizan de maneira fixa durante o ano. Todo no décimo aniversario da asociación.

Publicada o

- Advertisement -

-Cales foron as orixes da Asociación Nordés e cales son os obxectivos que persegue?

Hai dez anos houbera unha xuntanza entre Emilio Grandío, Ricardo Bellas, Bernardo Penabade e Luis Real. Estaban percorrendo o Camiño dos Arrieiros e nun descanso chegaron á idea de formar unha asociación. O obxectivo da asociación era a promoción de toda aquela riqueza cultural arredor do Camiño dos Arrieiros e de todo o patrimonio arredor del.

-Que é o Camiño dos Arrieiros?

Era unha ruta moi antiga desde máis alá das Pontes de García Rodríguez até Bares e servía para o transporte de mercadorías mediante carros de bois, mulas e cabalos para intercambiar produtos do mar polos de interior.

-Agora mesmo cales son as actividades que desenvolve a Asociación Nordés?

Hai actividades fixas cada ano e outras depende das posibilidades que existan de realizalas. Entre as actividades fixas está “Alternativas do Rural”, onde vemos que posibilidades de desenvolvemento ten a zona, coñecer as persoas que veñen vivir aquí e cales son os seus proxectos de vida e explorar os recursos que aínda non se coñecen na comarca.

-Cando falas de persoas que veñen vivir á comarca refíreste a novos habitantes?

Si, a persoas procedentes de Alemaña, Gran Bretaña e doutras partes do país. Queremos coñecer os proxectos e obxectivos que traen, os problemas que poden encontrar e aqueles que quedaron saber por que.

-Cales son as iniciativas das persoas que se achegan a vivir ao lugar?

Os proxectos son múltiples, mais pensando nos actuais poboadores hai máis proxectos sobre todo para vivir ao mellor para traballar de maneira telemática e tamén hai actividades turísticas.

-Retomando as actividades a desenvolver, cales máis se levan adiante?

En agosto temos como actividade fixa “Memorias dun tempo” en relación coa recuperación da memoria histórica. Outro encontro anual son as xornadas micolóxicas con Xosé Luis Cuba. Logo existe o “Proxecto Ríos” que realizamos con colexios da zona para recoller mostras de especies e valoramos o nivel de pureza de auga do río. Examinamos a contorna coas especies que viven arredor do río. Cos rapaces da zona tamén celebramos o Día dos Océanos e a última actividade foi observar aves cos colexios na ría de Ortigueira. O ano anterior recolleron nas praias os microplásticos.

-Actualmente cantas persoas forman parte de Nordés?

Sobre as cincuenta persoas. Maioritariamente proceden de Mañón, O Vicedo e Ortigueira.

ÚLTIMAS

Burela acolle cursos formativos para persoas estranxeiras e a preparación de probas oficiais

Burela acollerá dous cursos formativos dirixidos a persoas estranxeiras, organizados por Ecos do Sur....

ACISA integra hoxe os negocios da Praza de Abastos logo do acordo entre patronal local e Asociación de Praceiros

Acisa integra dende hoxe á Praza de Abastos de Ribadeo, tras a sinatura do...

O comité de empresa de Alcoa reclama unha reunión co Goberno ante a situación do sector do aluminio

O comité de empresa de Alcoa en San Cibrao, en Cervo, pide unha reunión...

Conferencia ‘A cova de San Xoán Vello: novas achegas desde a arqueoloxía’ en Viveiro

Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro mércores 22 de abril, ás 20:00 horas, na...