InicioPolíticaA xestora do PP de Barreiros terá como presidente a José Manuel...

A xestora do PP de Barreiros terá como presidente a José Manuel Gómez Puente

Proximamente a xestora dará a coñecer o seu equipo de traballo que a compoñerá un formación sólida para dar unha alternativa ao goberno local.

Publicada o

- Advertisement -

O Partido Popular acaba de nomear presidente da xestora do PP de Barreios a José Manuel Gómez Puente, traballador do SERGAS que leva anos exercendo como enfermeiro no Centro de Saúde de Barreiros, actual voceiro do grupo municipal popular en Barreiros e deputado provincial na Deputación de Lugo. Este nomeamento xurde tras o consenso entre os afiliados co coordinador xeral, José Manuel Balseiro Orol, nunha reunión celebrada onte coa dirección provincial.

O novo presidente da xestora agradece aos afiliadios e a dirección do partido a confianza e o apoio que lle amosaron. Ademais, Gómez Puente sinala que o súa labor terá como liña principal traballar en positivo por Barreiros e mellorar a calidade de vida das veciñas e veciños de Barreiros. Proximamente a xestora dará a coñecer o seu equipo de traballo que a compoñerá un formación sólida para dar unha alternativa ao goberno local.

ÚLTIMAS

Achan en Ribadeo o primeiro exemplar dun verme invasor depredador do mexillón en Galicia

O biólogo Daniel Prieto, da confraría de pescadores de Ribadeo, localizou durante unha mostraxe un...

Investigan o furto de produtos alimentarios en dous establecementos de Viveiro

A Garda Civil de Lugo investiga en Burela a dous homes como presuntos autores...

Francisco Rois: “Miguel Ángel Revilla será o pregoeiro da 45ª Festa da Troita da Pontenova”

-Despois de corenta e cinco anos desta Festa da Troita, cales foron os cambios...

A biblioteca de Barreiros contará cun club de lectura e biblioencontros infantís

Barreiros dinamizará a biblioteca municipal organizando encontros mensuais cos que pretende fomentar a lectura...