InicioPolíticaO presidente asturiano ataca a petición da RAG, non recollerán no estatuto...

O presidente asturiano ataca a petición da RAG, non recollerán no estatuto o que digan desde outra comunidade

A principal asociación cultural do Navia-Eo, Xeira, chegou a denunciar a "intención do Goberno de Asturias de cambiar o nome ao galego-asturiano".

Publicada o

- Advertisement -

O presidente do Principado, o socialista Adrián Barbón, afirmou este martes que ninguén vai dicir “desde calquera outra comunidade” o que ten que recoller Asturias no seu Estatuto de Autonomía. As declaracións de Barbón prodúcense poucas horas despois de que a Real Academia Galega (RAG) reclamase que o novo Estatuto de Autonomía de Asturias declare a oficialidade do galego en igualdade de condicións que o asturiano.

Actualmente, o nome recolleito na lexislación asturiana para a lingua falada entre os ríos Navia e Eo, na zona fronteiriza con Galicia, é ‘galego-asturiano’. Con todo, a principal asociación cultural do Navia-Eo, Xeira, chegou a denunciar a “intención do Goberno de Asturias de cambiar o nome ao galego-asturiano”.

A protesta de Xeira veu polo uso nos últimos meses polo Principado do termo ‘eonaviego’ para referirse a á lingua do extremo occidental de Asturias e despois dunha pregunta de Podemos á conselleira de Cultura Berta Piñán, que respondeu que o uso deste termo se base nun informe da Academia da Llingua (ALLA) e que é o que van usar no dicionario de galego-asturiano que está a preparar a institución (‘Dicionario eonaviego’).

Ante isto, a RAG reclamou este martes o mesmo trato para as dúas linguas propias de Asturias, que sinala que son o galego e o asturiano, e critica, ademais, que se elixa o glotónimo “eonaviego”, que considera que busca “facer invisible a existencia do galego” nas comarcas lindantes con Galicia.

A institución remitiu ao presidente do Principado, Adrián Barbón, ao Goberno de Asturias e aos grupos parlamentarios o informe aprobado no seu último pleno ordinario á mantenta da reforma do seu Estatuto de Autonomía.

A resposta de Barbón chegou a través dun apuntamento en Twitter recollido por Europa Press, onde indicou que esa reforma se negocia en Asturias de acordo ao sentir dos grupos políticos, entidades e asociacións asturianas. “Ninguén nos dirá, desde calquera outra Comunidade e por moito respecto que lles teñamos, o que temos que recoller no noso Estatuto”, sentenciou o presidente rexional.

ÚLTIMAS

Restablecida a circulación da FEVE Ribadeo-Ferrol tras caer unha árbore na liña

O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) informou de que a circulación da liña de...

Recorren o arquivo do caso da Maruxaina

A asociación Mulleres en Igualdade, Bumei, recorreu a decisión do Tribunal de Instancia de...

A Asociación de Comerciantes da Pontenova intégrase na FCAM

A Asociación de Comerciantes da Pontenova acaba de integrarse na FCAM. Desde a Federación...