IniciosociedadeTrabada aproba o convenio coa Deputación para abrir a residencia

Trabada aproba o convenio coa Deputación para abrir a residencia

Goberno local e oposición mantiveron posturas encontradas nun tema que transcende o ámbito municipal

Publicada o

- Advertisement -

O pleno de Trabada deu luz verde ao convenio de colaboración coa Deputación de Lugo para poñer en funcionamento a residencia e o centro de día. O documento aprobouse cos votos a favor do PSdeG, e malia a oposición do Partido Popular. Goberno e oposición mantiveron posturas encontradas nun asunto que transcende o ámbito municipal.

A Deputación propuxo este novo convenio aos concellos para seguir adiante coa apertura das residencias provincias despois de retirarlle a súa xestión á Sociedad Urbanística Provincial de Lugo, S. A. (Suplusa). O acordo liquida o ata agora vixente, asinado en 2011 entre o concello e a sociedade urbanística provincial, e establece un novo marco de cooperación entre as dúas entidades.

Os usuarios asumirán unha parte do prezo das prazas –dacordo coa súa renda- e a diferenza entre esa cantidade e o custo real do servizo correrá a cargo da Deputación e do Concello. A entidade provincial achegará o 75% desa diferenza, e o outro 25% sairá das arcas municipais.

o pp cuestiona a capacidade do concello para asumir a súa parte do investimento

O PP votou en contra pois cuestiona a capacidade económica do Concello para asumir a parte do investimento que lle corresponde segundo o convenio.

O convenio sinala tamén que as tarefas de carácter material e técnico para a prestación do servizo se poderán cubrir mediante contratos administrativos de subministros e servizos. Tamén, a Deputación comprométese a “colaborar cos concellos na tramitación e consecución dos permisos de inicio de actividade” para os centros que non dispoñen deles.

O centro de maiores de Trabada, coas instalacións e o equipamento listos para a súa posta en funcionamento, conta con este permiso, que concede a Xunta, despois de que fose solicitado no seu momento por Suplusa.

CONFLITO NO ENTE PROVINCIAL

A Deputación solicitou formalmente a Suplusa –organismo presidido por Manuel Martínez– que entregue a titularidade, bens e permisos dos centros rematados, pero o conflito aberto na corporación provincial podería ser un obstáculo para que se completen os trámites para a posta en marcha do centro trabadense, que conta cunha residencia de 30 prazas e un centro de maiores de 20.

O pleno si acordou por unanimidade a creación dunha comisión para o estudio da ordenanza reguladora do centro, da que formarán parte representantes dos dous partidos da corporación, a traballadora social e un técnico da Deputación, ademais da secretaría municipal.

ÚLTIMAS

Morre unha muller na Praia das Catedrais

Unha muller faleceu nas últimas horas tras sentirse indisposta cando se atopaba no aparcadoiro...

O PP lucense critica que o Goberno “non avanzase nada” na A-74 e que o proxecto estea en fase de redacción

O PP da provincia de Lugo criticou que o Goberno "non avanzase nada" na...

Antonio Veiga: “En quince anos o PP construíu 15 Km do corredor até Ferrol, quedan 75 anos para completalo”

-Cal era o obxectivo da reunión que o BNG da Mariña mantivo o día...

O PSOE rexeitan o “pobre orzamento do PP” de Mondoñedo

Os Socialistas de Mondoñedo rexeitaron no pasado pleno, celebrado en novembro, o “pobre orzamento...