InicioPolíticaO PP pide un regulamento de control de pesca na UE "adecuado"...

O PP pide un regulamento de control de pesca na UE “adecuado” para a flota galega

O deputado popular lamenta que se esqueza "a dimensión social e económica" da pesca.

Publicada o

- Advertisement -

O Partido Popular insiste na súa defensa do sector pesqueiro galego no proceso de revisión do sistema de control da pesca da Unión Europea, así como dos intereses pesqueiros no contexto do Pacto Verde e a Estratexia de Biodiversidade da UE para 2030. Uns proxectos que, para os populares, “teñen puntos de vista que esquecen a dimensión social e económica da pesca”.

Precisamente, esta semana o Parlamento galego aprobou unha Proposición Non de Lei (PNL) do grupo popular que demanda ao Goberno de España que “leve a cabo as actuacións oportunas de rexeitamento a dunha nota explicativa na que a Comisión Europea pídelle aos eurodeputados que tomen partido por unha liña plenamente ambientalista”. Este partido entende que o contido “atenta contra a imaxe e traballo do sector do mar” e a de todas as persoas profesionais que traballan no mesmo.

O presidente da Comisión de Pesca e deputado mariñán, José Manuel Balseiro Orol, manifestou en declaracións á Cope, que seguirán traballando na defensa dun regulamento de control adecuado para a frota galega, especialmente a de “artes menores”, xa que “os pescadores galegos e os da Mariña, en particular”, séntense “culpabilizados sen razón”.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Barreiros pide aplicar o “Modelo Muras” para as compensacións polo parque eólico Mondigo

  A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, adiantou hoxe, tras coñecer o anuncio feito pola...

A ampliación do Hospital da Mariña avanza con 33,5 millóns e máis espazo en urxencias, UCI e consultas

O Hospital Público da Mariña continuará coa súa ampliación a través das fases 2...

Convenio entre Viveiro e Portos de Galicia para ordenar o tráfico na rúa Porto de Celeiro

O Concello de Viveiro e Portos de Galicia asinaron un convenio de colaboración...

Ribadeo contará cun novo solo residencial para 300 vivendas, a maioría protexidas

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a delimitación dun novo ámbito...