InicioPolíticaAna Pontón pide na Mariña un mellor sistema de cotas e a...

Ana Pontón pide na Mariña un mellor sistema de cotas e a a vacinación dos mariñeiros

O BNG solicitará que os mariñeiros sexan considerados colectivo preferente na vacinación anticovid e que San Cibrao teña autoridade portuaria propia.

Publicada o

- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) mantivo este venres un encontro ao máximo nivel co sector pesqueiro da Mariña, cunha delegación encabezada pola portavoz nacional, Ana Pontón.

Un cume pesqueiro que contou coa participación dos representantes dos Portos de Burela e Celeiro, das frotas e das confrarías mariñáns e da axencia de exportación mariñá. Entre os asuntos tratados nesta reunión de traballo cabe destacar o regulamento de control da pesca, o actual sistema de cotas, o impacto do Brexit, a vacinación dos mariñeiros ou a problemática da frota de palangre.

En canto ao primeiro punto, os nacionalistas piden que o regulamento de vixilancia pesqueira da Unión Europea non se aplique á frota de baixura porque faría inviable a súa actividade.

Así mesmo, propuxeron aos armadores locais unha compensación directa para paliar o efecto do Brexit e que Galicia participe nas negociacións con Reino Unido. Os nacionalistas tamén solicitarán que os mariñeiros sexan considerados colectivo preferente na vacinación anticovid e que San Cibrao teña autoridade portuaria propia, así como unha solución para a frota de palangre, que conta con 590 toneladas de marraxo que non pode comercializar.

ÚLTIMAS

Alcoa destaca a seguridade da balsa de lodos vermellos tras presuntas fugas denunciadas por veciños

Un veciño da parroquia de Lago gravou a inicios desta semana unha presunta fuga...

Burela participará no II Encontro Internacional de Mulleres Electas en Cabo Verde

A alcaldesa de Burela e presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, acompañada pola concelleira de Economía, Patricia...

O grupo de gaitas Dambara de Burela estará no desfile de San Patricio en Madrid co apoio da Deputación

O grupo de gaitas da Asociación Cultural e Musical Dambara de Burela será o...