InicioPolíticaBNG e PSOE critican que os orzamentos da Xunta "volven deixar de...

BNG e PSOE critican que os orzamentos da Xunta “volven deixar de lado” a VAP

O proxecto do goberno galego contempla un investimento de 1,5 millóns de euros para o tramo mariñao dunha infraestrutura que acumula máis dunha década de atraso

Publicada o

- Advertisement -

A histórica demanda de mellores infraestruturas centra as valoracións dos partidos da oposición respecto dos investimentos previstos para A Mariña no proxecto de orzamentos da Xunta de Galicia.

BNG e PSOE centran as críticas no millón e medio de euros previstos para a Vía de Altas Prestacións (VAP) Ferrol-San Cibrao na zona entre Xove e Viveiro.

A formación nacionalista cualifica esta cantidade de “ridícula” fronte aos “60 millóns” que, din, “a consellería de Infraestruturas anunciaba hai dous anos“.

A VAP Ferrol-San Cibrao, en proxecto desde o 2001, só ten abertos 16 dos 80 quilómetros previstos

O PSOE provincial tamén se referiu á falta de avances na construción da vía para a que en 2018 se consignaron preto de 2,2 millóns de euros. “Nunca vimos máquina algunha traballando, por exemplo, na VAP da Mariña”, dixo o secretario xeral do PSOE na provincia, Álvaro Santos, ao valorar os orzamentos do goberno galego.

“NO VAGÓN DE COLA”

Os nacionalistas enmarcan as previsións para a VAP nun “recorte nos investimentos” na Mariña e afirman que “a falta de compromiso” coas infraestruturas prexudica gravemente a competitividade dos sectores económicos empurrando á comarca “ao vagón de cola”.

Ademais, critican que “non se contemple un só euro” para o saneamento e arranxo do emisario da ría de Viveiro, a rede de abastecemento no concello de Ribadeo ou o “saneamento da maioría dos concellos”.

O BNG denuncia un “recorte nos investimentos” que impide o desenvolvemento económico da comarca

A responsable comarcal, Ana Ermida, anunciou que o BNG presentará emendas ao proxecto de contas do goberno galego co propostas que atendan as “necesidades reais” e revirtan na “mellor integral” da bisbarra.

Na súa valoración sobre os orzamentos, Ermida interpelou directamente aos representantes comarcais do Partido Popular José Manuel Balseiro, Daniel Vega e Elena Candia, aos que acusou de “vender fume”.

PARTIDO POPULAR

Desde as filas populares, poñen en valor as partidas destinadas a actuacións en Burela e Viveiro.

O PP burelao subliñou os investimentos previstos na ampliación e acondicionamento do Hospital da Costa –“900.000 euros”- , en actuacións en seguridade portuaria –que cuantifican en 700.000 euros – e na EDAR de Burela – 776.000 euros- que, aseguran, “permitirán licitar a obra”.

O voceiro popular, Manuel Rouco, referiuse tamén á falta de achegas para ao novo pavillón que atribúen á “incapacidade de negociar” do rexedor, o socialista Alfredo Llano.

O PP contabiliza 2,4 millóns de euros de investimentos en Burela; e 5,2 millóns en Viveiro

Pola súa banda, o PP de Viveiro fixo repaso das contía destinadas a actuacións no municipio que estima en “5,2 millóns de euros”.

O voceiro Antonio Bouza mencionou, entre outras, as partidas orzamentadas para o saneamento de Celeiro e a mellora da EDAR de Viveiro –“466.000 euros”- ou a dragaxe do porto –“un millón de euros”-.

ÚLTIMAS

Detido en Ribadeo o presunto autor dun roubo con forza na casa dun familiar

A Garda Civil detivo na localidade lucense de Ribadeo un veciño de Trabada, de...

A Carreira de Reis en Barreiros recadou 600€ para a asociación Saúde Mental A Mariña

A Carreira solidaria de Reis, organizada polo Concello de Barreiros, logra recadar 667 euros...

Balance positivo de ACISA da XIV Festa do Comercio en Ribadeo

Acisa fai un balance moi positivo da XIV Festa do Comercio, que reuniu o...

O 2 de marzo partirá de Ribadeo a IV Edición da Peregrinación ‘O Camiño do Mar Concello a Concello’

O vindeiro 2 de marzo partirá de Ribadeo a cuarta edición da peregrinación O...